Aínda que na cúpula do club traballan para pechar o persoal nestes catro días que quedan de mercado, o rendemento dos recentemente chegados anulou calquera tipo de preocupación ao redor das contratacións.
Corina Porro, delegada da Xunta en Vigo, compareceu ante os medios vestida coa camiseta do Celta de Vigo e cargou contra o goberno municipal liderado por Abel Caballero. Porro tachou de “chapuza” a reforma do coliseo celtiña infestada de “erros, sobrecustos, atrasos, e reformas das reformas”.
Un gol do charrúa, de tacón, valeu ao Celta para superar ao Valencia e estrearse en Balaidos con vitoria. Denis Suárez foi o máis destacado dos celestes.
O técnico celeste reclama fichaxes inmediatas para poder pechar canto antes o persoal mentres o director deportivo apura as opcións que lle ofrece o mercado, sabedor de que algunhas alternativas só cristalizarán o último día da xanela de fichaxes.
Os pupilos de Fran Escribá non tiveron o mellor das estreas en liga. Benzema, Kroos e Lucas Vázquez superaron ao cadro celeste, que maquillou o marcador cun tanto do mozo Iker Losada.
A chegada de Pape Cheikh reforza o medular celeste, pero no equipo técnico seguen esperando que se produzan máis chegadas e saídas antes de que peche o mercado.
Ao talentoso centrocampista danés faltáronlle a sorte e as oportunidades que agora espera atopar no Brentford inglés, que deixa 5 millóns nas arcas celtiñas.
En Vigo a actualidade pasa polo anuncio da contratación do central do Genk e por saber se Maxi Gómez acabará poñendo rumbo á capital do Turia ou se pola contra o seu próximo partido xogarao preto do Támesis.
Unha vez pechada a contratación do de Salceda de Caselas e roto o xeo coa primeira fichaxe do verán, na Sede xa miran aos seus novos obxectivos.
O Celta de Vigo ten atado a Denis Suárez, pero agora debe chegar a un acordo co Barça, que espera recadar 15 millóns.
O Celta de Vigo intensifica a súa actividade no mercado de fichaxes e o seu último obxecto de desexo xoga no Angers da liga francesa, onde podería recalar Emre Mor.
O talentoso dianteiro charrúa busca un acordo xudicial que evite o seu paso por prisión, despois de protagonizar un atropelo o pasado nadal que deixou a unha jóven en estado vexetativo.
A máis que posible saída de Maxi Gómez do Celta de Vigo abre a porta a Santi Mina, que regresaría a casa despois de catro anos en Vigo.
O club celeste presentou o primeiro equipamento para a tempada 2019/20, na que recupera a cor borgoña para os motivos do deseño.
Con todo, este proceso en principio non interferirá na súa chegada a Vigo, xa que a sanción concluirá, a priori, antes de que o Celta de Vigo empece a pretemporada, polo que a súa presenza para entón é case segura.
O adestrador valenciano ten ante si un papel en branco sobre o que debuxar o Celta do futuro, pero antes ten que decidir sobre a portería, os centrais, o futuro de Fran Beltrán...
Os rumores sobre o posible desembarco de Marcelo Bielsa en Vigo cobran forza, aínda que todo parece indicar que a cúpula celeste prolongará o contrato de Fran Escribá.
A saída do galo do Atlético de Madrid pode facer perigar a continuidade tanto de Iago Aspas como de Maxi Gómez no Celta de Vigo.
A remontada do Levante en Montilivi sentenza ao Girona, que ten pé e medio en Segunda División e só os galegos poderían cambiarlle o sitio ao cadro de Eusebio.
Iago Aspas e Hugo Mallo, os dous homes fortes do vestiario celtiña, son dúbida para o duelo contra o Barça.