​(VÍDEO) Esta é a nova pel do Celta de Vigo

|

O club celeste presentou o primeiro equipamento para a tempada 2019/20, na que recupera a cor borgoña para os motivos do deseño.


Camiseta celta


O Celta de Vigo xa ten casaca para o próximo curso. A nova pel do Celta, a cargo un ano máis da alemá Adidas, está xa dispoñible para os afeccionados e será a primeira malla que se enfunden as fichaxes do cadro vigués durante este mercado estival.



A principal novidade do uniforme titular do Celta é a elección dun cor borgoña para os motivos da camiseta, como as raias símbolo da marca ou o pescozo cruzado.


Cami celta hugo mallo


Do mesmo xeito, a camiseta mestura distintos tipos de celeste para destacar puños e pescozo, ademais duns pequenos topos dun celeste máis escuro ao longo de toda a camiseta. Ademais, como vén sendo habitual, o triskel aparece no alto das costas, convertido nun símbolo reconocible do celtismo. No que non hai variacións é nos patrocinador, con ABANCA e Estella Galicia 0,0 como principais patrocinadores

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consello editorial Publicidade
Powered by Bigpress