Centos de manifestantes piden en Santiago unha CRVTG "plural e diversa"

Olalla Rodil, viceportavoz do #BNG, denunciou que a "#CRTVG está convertida polo #PP no seu terminal de propaganda"


|

Manifestaciu00f3n crtvg
A manifestación tivo lugar en Santiago, con centos de #asistente / Foto: #BNG

O Bloque Nacionalista Galego levará ao Parlamento unha novo proposta de lei para dar inicio ao proceso de elección democrática dunha nova dirección xeral da #CRTVG "que represente o pluralismo e a diversidade galega", aclaran.

 

Olalla Rodil asistiu hoxe á mobilización "Por unha #CRTVG ao servizo do pobo", xunto a unha destacada representación do #BNG entre a que tamén se atopaba o deputado do congreso, Néstor Rego. "Desde o #BNG levamos moitos anos esixindo acabar coa situación totalmente anómala da Dirección Xeral#CRTVG, que foi posta a dedo polo #PP e que se mantén nesta situación, en contra do que di a Lei de Medios Públicos deste país desde o ano 2011", denuncia Rodil.

 

Centos de persoas percorreron hoxe as rúas de Santiago para denunciar o "secuestro" dos medios públicos por parte da Xunta de Galicia, gobernada polo Partido Popular desde fai máis de 13 anos. Os manifestantes saíron da Praza Roxa ao mediodía, terminando na Praza de Praterías, con mensaxes en pancartas de "Defende a galega. Sen medo a loitar" ou berros como "Máis cultura e menos xefatura", "Información local non telexornal" ou "Rueda, atende, a tele non véndese".

 

A viceportavoz enxalzou a mobilización e as protestas que leva a cabo o persoal dos medios públicos galegos en defensa do dereito a unha información plural e veraz, xa que, asegura, "é fundamental que o conxunto da sociedade galega saiamos á rúa en defensa dun dereito esencial para o conxunto deste país, que é contar cuns mediso públicos ao servizo do pobo, que representen o pluralismo político, social e cultural, en definitiva, a pluralidade diversa que existe na nosa sociedade". Denuncia tamén que a "#CRTVG está convertida polo #PP no seu terminal de propaganda".

 

Pola súa banda, Valentín González Formoso, secretario xeral do #PSdeG, deu o seu apoio á mobilización dos traballadores para lanzar "un berro de auxilio democrático", pedindo así a defensa dunha #CRTVG de calidade.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE