SEOR fará un recoñecemento público á Fundación Amancio Ortega polo seu labor na loita contra o cancro nun evento ao que acudirán 900 especialistas.
A metade, aproximadamente, das pacientes que se operan de cancro de mama no Hospital HM Modelo da Coruña logran volver aos seus fogares o mesmo día da intervención. Así o explicou hoxe a coordinadora da Unidade de Mama do Hospital HM Modelo, a doutora Julia Rodríguez.
As críticas de Podemos ao magnate de Zara seguen causando balbordo. Ademais do rifi-rafe político, hoxe saíu unha federación de pacientes de cancro de mama a defender as doazóns de Ortega porque "axudan a cubrir espazos onde non chega a Administración".
A Asociación Defensor del Paciente remitiu á Fiscalía o caso dun enfermo de cancro que leva "máis de tres meses" esperando a iniciar o tratamento contra un cancro de próstata.
O Centro Integral Oncolóxico Clara Campal (HM CIOCC Galicia) informa do lanzamento dun Programa de Detección Precoz de Cancro de Pulmón. O primeiro centro oncolóxico privado na autonomía comprométese á ofrecer "un rápido e completo diagnóstico". O coordinador do programa, o neumólgo da Rosaleda Andrés Vilas asegura que “nun prazo máximo de quince días, o paciente dispoñerá de diagnóstico preciso e do enfoque terapéutico necesario para abordar a enfermidade”.
O cancro aparece un día, dincho, e pregúntasche por que che tocou a ti.
A sanidade pública galega aspira a ter unha ferramenta capaz de reducir os falsos positivos que se dan en patalogías como o cancro de mama.
As palabras de Beatriz González, cuestionando que o SERGAS gaste diñeiro en enfermos de cancro con pouca esperanza de vida, pasaron inicialmente case desapercibidas. Unha vez que Galiciapress destacou a intervención desta catedrática na Comisión de Investigación sobre Recortes do Parlamento, desatouse unha tormenta de acusacións cruzadas.
Unha catedrática proposta polo PPdeG para comparecer no Parlamento dubida que o SERGAS deba sufragar tratamentos oncolóxicos a pacientes con pouca esperanza de vida. "É un problema porque se están dando tratamentos oncoloógicos a pacientes que non teñen máis perspectiva que un par de meses por diante e que estámos gastando medio millón de euros por gañar o equivalente a un ano de vida axustado por calidade" declarou onte Beatriz González López.
O programa xestionado pola Consellería de Sanidade, explorou o pasado ano a un total de 57.774 mulleres de 50 a 69 anos.
O pioneiro centro en Pozuelo de Alracón contará coa última tecnoloxía baseada en protóns para o tratamento dalgúns tipos de cancro.