Enfermos de cancro piden a outros mecenas que sigan o exemplo de Amancio Ortega (Inditex)
As críticas de Podemos ao magnate de Zara seguen causando balbordo. Ademais do rifi-rafe político, hoxe saíu unha federación de pacientes de cancro de mama a defender as doazóns de Ortega porque "axudan a cubrir espazos onde non chega a Administración".
As críticas de Podemos ao magnate de Zara seguen causando balbordo. Ademais do LÍO político, hoxe saíu unha federación de pacientes de cancro de mama a defender as doazóns de Ortega porque "axudan a cubrir espazos onde non chega a Administración".
A Federación Española de Cancro de Mama (FECMA), xunto coas 45 asociacións de mulleres que están integradas, mostraron a súa "satisfacción" polas doazóns realizadas pola Fundación Amancio Ortega para a actualización tecnolóxica de equipos oncolóxicos de última xeración, como mamógrafos dixitais con tomosíntesis ou os aceleradores lineais avanzados.
A través dun comunicado, defenden este tipo de mecenado tras as críticas realizadas polo secretario xeral de Podemos, Pablo Iglesias, que definiu estas doazóns como "esmola dos millonarios". Así, as mulleres pacientes de cancro de mama animan a outros empresarios a que "sigan o seu exemplo", xa que estas tecnoloxías "son unha garantía para o diagnóstico, sobre todo, en casos de recidivas".
"Estas iniciativas de mecenado axudan a cubrir espazos onde non chega a Administración e a garantir a sustentabilidade do noso sistema público sanitario. A Federación apoia todas aquelas iniciativas de mecenado que vaian encamiñadas a implantar novas tecnoloxías nos hospitais públicos do noso país, xa que axudarán a mellorar os índices de supervivencia en cancro de mama", reivindican, aínda que puntualizan que apoian os programas de detección precoz e a carteira de servizos "única, común e equitativa" de prestacións oncolóxicas no Sistema Nacional de Saúde (SNS).
Escribe o teu comentario