Lanzan un programa de detención precoz e tratamento en "tempo récord" do cancro de pulmón
O Centro Integral Oncolóxico Clara Campal (HM CIOCC Galicia) informa do lanzamento dun Programa de Detección Precoz de Cancro de Pulmón. O primeiro centro oncolóxico privado na autonomía comprométese á ofrecer "un rápido e completo diagnóstico". O coordinador do programa, o neumólgo da Rosaleda Andrés Vilas asegura que “nun prazo máximo de quince días, o paciente dispoñerá de diagnóstico preciso e do enfoque terapéutico necesario para abordar a enfermidade”.
O Centro Integral Oncolóxico Clara Campal (HM CIOCC Galicia) informa do lanzamento de un Programa de Detección Precoz de Cancro de Pulmón. O primeiro centro oncolóxico privado na autonomía comprométese a a ofrecer "un rápido e completo diagnóstico". O coordinador do programa, o neumólgo de HM Rosaleda Andrés Vilas asegura que “nun prazo máximo de quince días, o paciente dispoñerá de diagnóstico preciso e do enfoque terapéutico necesario para abordar a enfermidade”.
O especialista en Pneumoloxía Andrés Vilas
HM Hospitais lembra que o cancro de pulmón é a primeira causa de morte por esta doenza en homes en España e a segunda en mulleres. Detectar e tratar pronto a enfermidade é clave para lograr a súa cura.
ENFOQUE MULTIDISCIPLINAR
Para avanzar nesta dirección, o centro saniutario pon en marcha un equipo multidisciplinar que conta con especialistas en Pneumoloxía, Medicina Interna, Radioloxía, Anatomía Patolóxica, Medicina Nuclear e Oncoloxía, ademais dun recoñecido servizo de cirurxía torácica.
O Hospital HM Rosaleda sinala que todos os casos serán presentados a ese Comité Multidisciplinar. Con iso búscase que o paciente reciba un trato personalizado, guiado por un especialista durante todo o proceso, e un "tratamento integral en tempo récord".
O Programa de Detección Precoz de Cancro de Pulmón contará co apoio da OncoCare, unha persoa que traballa de maneira coordinada co equipo médico e que estará dispoñible para axudar aos pacientes tanto na xestión administrativa e de acompañamento como na realización das probas. A súa colaboración é un punto diferencial que garante o seguimento do paciente e evita demoras innecesarias.
O GRUPO
HM Hospitais está formado por 40 centros asistenciais: 15 hospitais, 4 centros integrais de alta especialización en Oncoloxía, Cardiología, Neurociencias e Fertilidade, ademais de 21 policlínicos. En Galicia opera centros como o Hospital HM Modelo A Coruña, Maternidade HM Belén A Coruña, HM La Esperanza en Santiago e HM La Rosaleda, tamén na capital de Galicia.
Escribe o teu comentario