Un galego, novo presidente da Asociación Española de Investigación sobre o Cancro

O doutor Xosé R. Bustelo, investigador do Centro de Investigación do Cancro con sede en Salamanca, foi elixido presidente da Asociación Española de Investigación sobre o Cancro (Aseica).

|

doutor Xosé R. Bustelo, investigador do Centro de Investigación do Cancro con sede en Salamanca, foi elixido presidente da Asociación Española de Investigación sobre o Cancro (Aseica).



Xr bustelo doutor cancer


Esta entidade foi creada hai 36 anos co fin de promocionar a investigación nesta enfermidade e, ao mesmo tempo, "ser altofalante da comunidade científica que traballa no campo da oncoloxía molecular tanto desde unha perspectiva clínica como básica".


Na actualidade, Aseica está integrada por medio milleiro de socios, entre os que se inclúen "todos os investigadores líderes do país nesta patoloxía", informou o Centro de Investigación do Cancro en Salamanca (CIC).


O doutor Bustelo, que estará dous anos á fronte da asociación, é actualmente Profesor de Investigación do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) e dirixe o seu grupo de investigación no CIC de Salamanca.


CURRÍCULO DO DOUTOR BUSTELO

A súa formación previa inclúe o doutorado pola Universidade de Santiago de Compostela (1990) e un período postdoctoral no Bristol-Myers Squibb Pharmaceutical Research Institute (Princeton, Estados Unidos) durante o período 1990-1996.


Tras iso ocupou xa como investigador principal, do 1996 ao 2000, os postos de Assistant Professor no Department of Pathology da State University of New York at Stony Brook (Estados Unidos) e de científico titular (1999-2004) e investigador científico (2004-2005) do CSIC no CIC de Salamanca.


A traxectoria científica do doutor Bustelo recolle ata este momento 134 artigos científicos e seis patentes. O seu traballo foi galardoado en varios premios científicos nacionais e internacionais.


TRABALLO ACTUAL

Actualmente, combina o seu labor científico coa vicedirección do CIC de Salamanca, a dirección da Unidade de Xenómica-Proteómica deste centro, a coordinador do Programa de Mecanismos Moleculares de Centro de Investigación Biomédica en RedOncología (Ciberonc) do Instituto de Saúde Carlos III e a participación no consello directivo de Ciberoncy diversos comités científicos de institutos de investigación sanitaria e centros de investigación.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE