O SERGAS diagnostícalle un cancro e pasa meses sen tratamento, denuncian ante o Fiscal


A Asociación Defensor del Paciente remitiu á Fiscalía o caso dun enfermo de cancro que leva "máis de tres meses" esperando a iniciar o tratamento contra un cancro de próstata. 


|

A Asociación Defensor del Paciente remitiu á Fiscalía o caso dun enfermo de cancro que leva "máis de tres meses" esperando a iniciar o tratamento contra un cancro de próstata.  



Defensor do paciente

Membros da Asociación Defensor do Paciente nunha reunión coa Fiscalía 


Trátase dun coruñés ao que o 2 de febreiro diagnosticáronlle "un cancro en estado primario de próstata". O enfermo relata que aceptou a proposta do seu médico de familia para extraerlle a próstata.


Desde entontes, "non tiven noticias", pese, ante a tardanza, volver a comunicarse coa súa médico cabeceira, que lle remitiu de novo  ao especialista, por cuxa chamada para un tratamento segue esperando. "É normal ter unha tardanza maior a tres meses para un tratamento de cancro?", pregúntase angustiado este cidadán.


Recibida a queixa, a citada asociación acaba de remitir o "ilícito penal" a Fernando Suances, fiscal xefe do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia enarborando o artigo 262 da lei de axuizamento criminal. "Cántos doentes están na mesma situación?", pregúntase a presidenta do Defensor del Paciente.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE