A investigación da biopsia líquida de Oncomet analiza o sangue de máis de 220 pacientes

Un total de 220 pacientes con cancro incorporáronse ata o momento no proceso de recollida de mostras de sangue para o estudo da biopsia líquida que desenvolve o Grupo de Oncoloxía Médica Traslacional do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (Oncomet).

|

Un total de 220 pacientes con cancro incorporáronse ata o momento no proceso de recollida de mostras de sangue para o estudo da biopsia líquida que desenvolve o Grupo de Oncoloxía Médica Traslacional do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (Oncomet).


Proxecto de mostraxe de sangue para o estudo de biopsia líquida


Nun comunicado remitido aos medios, Oncomet explica que dependendo do tumor de cada enfermo tómaselle unha soa mostra ou varias ao longo do tratamento. Así, o grupo logrou analizar ata o momento 368 mostras principalmente en casos de tumores de colon, pulmón, páncreas, cabeza e pescozo, así como melanoma.

O Grupo de Oncoloxía Traslacional do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago, que sinalado que grazas ao éxito da súa campaña poderá estudar unhas 500 mostras, destacou que o obxectivo é validar distintas técnicas de análises de biopsia líquida.

"Actualmente as técnicas de estudo da biopsia líquida teñen moita sensibilidade e dan bos resultados para caracterizar tumores avanzados", asegura a responsable da Unidade de Biopsia Líquida, Laura Muinelo que considera que, con todo, débese mellorar esta sensibilidade para aplicalas con mellores resultados en estadios máis iniciais e seguir traballando para determinar que técnica é a máis adecuada para cada tipo de tumor.

Deste xeito, os oncólogos dos distintos centros hospitalarios son os encargados de ofrecer nas súas consultas a aqueles pacientes con determinados tumores a posibilidade de participar neste proxecto no que participan na actualidade sete centros.


SETE CENTROS COLABROADORES

En concreto, trátase do Arquitecto Marcide de Ferrol, o Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS), o Lucus Augusti de Lugo; o Universitario da Coruña (CHUAC), o Povisa de Vigo e o Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra (CHOP).

Oncomet indicou que, aínda que a participación dos pacientes neste estudo non vai supoñer ningún cambio no tratamento da súa enfermidade nin ningún beneficio, si contribuirá ao avance no coñecemento e mellora destas técnicas.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE