O XX Congreso da Sociedade de Oncoloxía e Radioterapia celebrarase en Santiago

SEOR fará un recoñecemento público á Fundación Amancio Ortega polo seu labor na loita contra o cancro nun evento ao que acudirán 900 especialistas.


|


SEOR fará un recoñecemento público á Fundación Amancio Ortega polo seu labor na loita contra o cancro nun evento ao que acudirán 900 especialistas.


Santiago acollerá do 5 ao 7 de xuño o XX Congreso da Sociedade de Oncoloxía e Radioterapia con 900 especialistas

Santiago de Compostela acollerá entre o 5 e 7 de xuño o XX Congreso Nacional da Sociedade Española de Oncoloxía e Radioterapia (SEOR), ao que está prevista a asistencia duns 900 especialistas.

Ademais, segundo informou a SEOR, "este importante encontro científico -que se celebra cada dous anos- terá un marcado carácter internacional, xa que entre os participantes figuran máis de 30 expertos de todo o mundo, procedentes tanto de hospitais do resto de Europa como de Estados Unidos".

O Congreso de SEOR abordará de asuntos como a protonterapia e a situación da radioterapia en España, que "grazas á millonaria doazón da Fundación Amacio Ortega escalou moitos chanzos respecto a outros países", destacou a sociedade científica organizadora.

O doutor Antonio Gómez Caamaño, presidente do comité organizador, apuntou que o "prato forte" do evento centrarao a protonterapia, que "será unha realidade en España en 2019".

O congreso, co lema 'Precisión, Personalización, Humanización', servirá tamén de recoñecemento público á Fundación Amancio Ortega "pola súa achega millonaria na loita contra o cancro", destacou a organización.


PAPEL DA DOAZÓN

De feito, segundo explicou o doutor Gómez Caamaño, unha mesa analizará a situación da radioterapia no mundo e "o papel ascendente que colleu España grazas, entre outros aspectos, á doazón", que permitiu "unha importante renovación dos equipos nos hospitais públicos españois", engadiu.


"A doazón da Fundación Amancio Ortega permitiu incorporar a mellor da tecnoloxía ao servizo de todos os cidadáns, tendo en conta que os poderes públicos habían deixado de lado na última crise o investimento nos equipos necesarios para o tratamento do cancro", precisou o presidente de SEOR, Carlos Ferrer.

Así mesmo, na programación inclúese unha conferencia maxistral sobre calidade de vida en pacientes oncolóxicos ou a abordaxe da economía de saúde. Ao congreso presentáronse 700 comunicacións e contará coa colaboración de máis de 30 expertos internaciones, 40 expositores e 50 patrocinadores.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE