Todo listo para 'I Congreso Galego de Persoas con Cancro. Pacientes e Familias'

|

O ano pasado faleceron en Galicia case 9.000 persoas por esta enfermidade


A Coruña acollerá os días 26 e 27 de abril, no Palacio de Congresos e Exposicións da Coruña (Palexco), o 'I Congreso Galego de Persoas con Cancro. Pacientes e Familias', organizado pola Asociación Española Contra o Cancro (AECC) en Galicia.


A Coruña acollerá en abril o 'I Congreso Galego de Persoas con Cancro. Pacient


Á presentación, no Colexio de Médicos da Coruña, asistiron o presidente da Xunta Provincial da Coruña da AECC, Manuel Aguilar, e o seu xerente, Xema García-Abril.

Segundo explicaron, o congreso concibirase como "un espazo de para o diálogo" entre pacientes oncolóxicos, os seus familiares e os profesionais que os atenden, co obxectivo de dar a coñecer as necesidades dos enfermos e as súas familias.

Outro dos obxectivos será "ofrecer as ferramentas necesarias que lles permitan mellorar a súa día a día e responder as súas dúbidas e inquietudes con información veraz e fiable", segundo expuxeron. En concreto, Manuel Aguilar, dixo que buscan promover este tipo de congresos "para abordar a realidade do cancro desde a perspectiva humana".

Entre outros, participarán no congreso Ignacio Martínez Mendizábal, premio Príncipe de Asturias de Investigación Científica e Técnica de 1997 e profesor de Antropoloxía Física na Universidade de Alcalá e Anxo Carracedo, director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica e catedrático de Medicina Legal da Universidade de Santiago de Compostela (USC).

CASOS EN GALICIA
Segundo datos da AECC, no ano 2018 detectáronse 18.905 novos casos de cancro en Galicia --7.970 mulleres e 10.935 homes--, co colorrectal, o de mama, o de próstata e o de pulmón como os máis frecuentes.

Ademais, o ano pasado, 8.551 persoas faleceron en Galicia por mor dun tumor maligno. Delas, 7.970 eran mulleres e 5.171, homes. O de pulmón é o cancro que máis mortes produciu --1.581--, seguido do colorrectal --1.241--, o de páncreas --585--, o de próstata --543--, o de estómago --517-- e o de mama --470--.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consello editorial Publicidade
Powered by Bigpress