Din que non hai que alarmar, tampouco hai que ocultar, pero o certo é que a situación de contagios e mortes por covid que se están producindo cada día é moi preocupante.
O título deste artigo fai referencia a unha regra estrutural no proceso de federalización do proceso autonómico en España iniciado tras a morte do ditador Franco. Un proceso conformado por un modelo de concorrencia múltiple etnoterritorial, agora suxeito a tensións centrípetas de recentralización e centrífugas de separación.
Por se non fose suficiente, ás debilidades dun sistema sanitario público duramente castigado polos axustes fiscais e a precariedade laboral, temos agora que engadirlle os fallos na coordinación e na cooperación entre as distintas administracións públicas, con casos que roldan o maior dos despropósitos e, tamén, das irresponsabilidades dada a gravidade sanitaria do momento, pois están en xogo a saúde e a vida de moitas persoas.
O dato reflectido na última enquisa do CIS contrasta coas nacionalidades históricas de País Vasco e Cataluña, onde só un 2,8 e 5,4% da poboación apoia a supresión das autonomías. En Galicia, a pesar de que 3 de cada 4, din sentirse tan españois como galegos, hai un considerable sentimento centralista contra as autonomías.
O presidente do Consello de Estado e mentor político de Feijóo rexeita máis descentralización sen "igualdade" entre territorios.
O Goberno rexeita poñer datas para a "reforma pendente" do financiamento autonómico.