O 20% dos galegos quere suprimir as autonomías


O dato reflectido na última enquisa do CIS contrasta coas nacionalidades históricas de País Vasco e Cataluña, onde só un 2,8 e 5,4% da poboación apoia a supresión das autonomías. En Galicia, a pesar de que 3 de cada 4, din sentirse tan españois como galegos, hai un considerable sentimento centralista contra as autonomías.


|

O dato reflectido na última enquisa do CIS contrasta coas nacionalidades históricas de País Vasco e Cataluña, onde só un 2,8 e 5,4% da poboación apoia a supresión das autonomías. En Galicia, a pesar de que 3 de cada 4, din sentirse tan españois como galegos, hai un considerable sentimento centralista contra as autonomías.



BANDEIRAS ESPAu00d1A GALICIA


O último informe do CIS, tan criticado nas últimas semanas, non se reduce unicamente á intención de voto dos españois. Na enquisa do CIS hai outros moitos factores que nos axudan a facernos unha idea de cal é a realidade de cada Comunidade Autónoma, aínda que en moitos casos son datos dificilmente contrastables.


Así, segundo a mostra do CIS, en Galicia un 20,4% dos enquisados é favorable a suprimir as autonomías, 0,5% por encima da media estatal e moi lonxe do 2,8 e 5,4% da poboación que apoia esa medida no País Vasco e Cataluña, respectivamente.


Este dato contrasta moito coa opinión das outras dúas nacionalidades históricas de España, onde no caso do País Vasco gana cun 42,4% que se manteña o sistema de organización territorial vixente (en Galicia un 50,5% dos enquisados tamén prefire o sistema actual), mentres que en Cataluña teñen como fórmula predilecta a posibilidade de recoñecer ás Comunidades Autónomas a posibilidade de converterse en Estados independente, cun 38%.


O INDEPENDENTISMO EN GALICIA

Outro dato curioso que en Galicia contrasta coas outras dúas nacionalidades históricas é o feito de que en Galicia só un 3,1% dos enquisados polo CIS reclaman que o Estado dese a posibilidade de recoñecer ás Comunidades Autónomas a posibilidade de converterse en estados independentes. Un tema o da independencia que en Cataluña valora positivamente máis do 38% da poboación e no País Vasco un cuarto dos enquisados. As Illas Baleares ou as comunidades de Navarra e A Rioxa tamén ven influenciadas polos movementos independentistas de Cataluña e o País Vasco, con medias moi por encima da galega nos tres casos.


Pero Galicia non está só por baixo de cataláns e vacos, senón que en Cantabria un 10% apoia a posibilidade de converterse nun estado independente, resaltando aínda máis o escaso movemento proindependentistade a comunidade galega fronte ao resto de Comunidades Autónomas.


IDENTIDADE CULTURAL

No referido á identidade cultural, un 75,5% dos galegos enquisados di sentirse tan galego como español, quedando só por detrás de Murcia (8,4%) Estremadura (82,9%), mentres que só un 12,8% di sentirse máis galego que español e apenas un 3,6%  di sentirse só galego. Esta porcentaxe de identificación con Galicia está por baixo de 4,6% ou 8,7% de baleares e canarios que se identifican totalmente coa súa Comunidade Autónoma. E moi lonxe dos rexistros de País Vasco (12,5%) e Cataluña (23,2%)

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE