O Covid non entende de autonomías, a morte tampouco

Manuel Fernando González Iglesias

Din que non hai que alarmar, tampouco hai que ocultar, pero o certo é que a situación de contagios e mortes por covid que se están producindo cada día é moi preocupante. As cifras que dan as autoridades sanitarias e políticas así o constata e hai serias dúbidas que sexan as cifras reais. Hai voces que afirman que o número é moi superior ao oficial. O certo é que a pesar de ter un pouco máis de experiencia desde que se iniciou esta pandemia, a preocupación da cidadanía vai en aumento e a desconfianza cara á clase política sobe cada día xa que a resposta que se está dando a esta situación non é a que espera a xente.


Os hospitais están a empezar a saturarse de enfermos de covid, a mensaxe é que non se acudan ás urxencias por esa saturación e por medo ao contaxio. As restricións de acompañantes é cada día maior, a atención primaria que é a primeira coa que se atopan os enfermos está colapsada, non hai visitas presenciais -- só en casos moi contados -- co consecuente enfado dos afectados que somos todos. As analíticas que se realizaban aos enfermos crónicos han pasado dos seis meses ao ano. Os atrasos en operacións son importantes, o mesmo que as visitas aos especialistas. Poderiamos seguir facendo unha longa lista de restricións. Iso quere dicir que as listas de espera que xa de seu eran insoportables, agora son tan longas como a vía do tren.Como pensan solucionalo? Poñendo parches, pero non atallando o fondo da cuestión.


Mentres, en Catalunya ábrense tres novas embaixadas en Xapón, Australia e Senegal, e quérese crear unha Nasa catalá. Coma se iso fosen temas prioritarios cando fai falta investir ese diñeiro en saúde para afrontar mellor a situación que cada día complícase máis. Con estes feitos está a demostrarse que a política partidista é máis importante que a saúde das persoas.


O goberno de Pedro Sánchez que segue dando tumbos neste tema, noutros tamén, no interesado intento de descentralizar --necesita os votos dos partidos que están pola independencia das súas autonomías -- o control da pandemia para que cada unha delas faga o que queira. A situación debe ser liderada polo goberno central, con medidas iguais para todas co fin de ser máis eficaces e conseguir que a cidadanía teña máis confianza, cousa que agora non ocorre As persoas, a máis diso ter medo, están desconcertadas: non saben que facer, nin que medidas seguir.


O que está a ocorrer en España é para facerllo mirar, as urnas pasarán factura ao PSOE senón corríxese esta situación anómala. A morte non sabe de descentralizacións, o covid non ten cor política. 


O control dunha pandemia é competencia do goberno central, que mire o que están a facer outros países europeos, e sen ir máis lonxe, Francia e Portugal que son os veciños máis próximos. Son os gobernos os que dirixen, non delegan noutros gobernos rexionais, son decisións acertadas. O que está a ocorrer en España é para facerllo mirar, as urnas pasarán factura ao PSOE senón corríxese esta situación anómala. A morte non sabe de descentralizacións, o covid non ten cor política.


Mentres, por se fosen poucas manifestacións de antisistema --dun lado e outro -- están a poñer o seu sinal nas rúas con accións vandálicas, saqueo e múltiples desfeitas coa escusa de estar en contra das medidas de confinamento. Esa é a escusa, o que hai detrás irase vendo. Se non se controla a situación, esta vai levar a males maiores. 


Contedores queimados durante a protesta de negacionistas contra o toque de queda en Bilbao

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Máis opinión
Opinadores

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE