A plataforma, ao fío das moitas convocatorias que se fixeron en toda Galicia para protestar contra lle entidade bancaria, anuncia que secunda estas chamadas á mobilización.
Desde o organismo sindical advirten que esas taxas repercuten sensiblemente sobre a poboación rural e pide que sexan devoltas.
Desde o Bloque Nacionalista Galego denuncian as “abusivas comisións de mantemento” que Abanca executa sobre as contas dos seus clientes.
O sindicato CIG en Abanca alerta que "Abanca presentou un ERE pola integración de Banco Caixa Geral e Abanca que afecta a 250 traballadores". Galiciapress contactou coa filial de Banesco para contrastar esta denuncia, pero o banco declina por agora facer comentarios.
Carmen Sarceda Gorgoso, decana da facultade encargada de formar aos mestres do mañá, atende a Galiciapress para informar de que o problema xa está liquidado e que, á vista dos sucedido, os substitutos realizarán, previsiblemente, “un axuste da materia” para os exames de maio. Doutra banda, durante a conversación a decana comenta os incidentes vividos durante as protestas do pasado xoves, o futuro dos graos de maxisterio se o desembarco da universidade privada de ABANCA en Galicia trae consigo os seus propios graos de formación de profesores, e outro dos temas que preocupa ao conxunto de alumnos da Facultade de Formación de Profesorado: o futuro traslado do centro ao campus universitario.
Centos de persoas déronse cita este martes en todos os campus galegos para visibilizar o rexeitamento tanto da comunidade educativa como da sociedade ao proxecto de universidade privada que pretende implantar Abanca en Galicia.
Necesita Galicia, un país envellecido e con dificultades para financiar as súas tres universidades públicas, unha universidade privada? Galiciapress entrevista a Luz López, un dos membros da nova Plataforma Galega en defensa da Universidade Pública sobre o proxecto de ABANCA.
“Está en mans de PSOE e Podemos”. Así de rotundo manifestouse o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, con motivo das preguntas de Galiciapress sobre a posible irrupción da universidade privada no sistema universitario galego por medio da proposta para a creación en Vigo da 'Universidade Intercontinental da Empresa' de ABANCA, que agora segundo o rexedor galego depende do visto e prace do Ministerio de Universidades, unha carteira en mans de Podemos e do ministro Manuel Castells.
Galiciapress preguntou ao presidente pola nova plataforma que protesta contra a primeira universidade privada galega. “Está en mans de PSOE e Podemos”, responde o mandatario. Así de rotundo manifestouse ante os plans de ABANCA. que agora din depende do visto e prace do Ministerio de Universidades, en mans Manuel Castells, afín a Podemos.
Os sindicatos de profesorado e de alumnado organizaron unha fronte común en contra do proxecto de universidade privada de Abanca, que supoñería a constitución da primeira entidade académica desta índole na historia da comunidade e un paso máis cara á "mercantilización dos estudos superiores", segundo denuncian, en detrimento do sistema público.
"Nunca vin unha empresa tan escarallada como esta". Esas foron as palabras de Juan Carlos Escotet, que a pesar de ser incapaz de cadrar os números vermellos do Deportivo da Coruña embarcouse nun novo rescate ao club branquiazul para tentar salvalo da súa desaparición.
O visto e prace da entidade financeira foi determinante para que o Deportivo da Coruña teña novo presidente e para deixar entrar un raio de esperanza no club.
A "pública e notoria" mala xestión de ABANCA está detrás da acusación de fraude contra o ex-responsable da sucursal de Entrimo,alega o seu defensa. Os auditores afirman que había unha contabilidade paralela aínda que admiten que é difícil de cuantificar.
Utilizaba unha máquina de escribir para actualizar fraudulentamente os cadernos dos clientes, segundo o fiscal, que lle pide máis de seis anos de cárcere e devolver ao banco case 1,5 millóns
Galiciapress contactou coas universidades de Santiago de Compostela, Vigo e A Coruña para coñecer as impresións das tres universidades públicas sobre o anteproxecto de lei da primeira universidade privada de Galicia. As tres entidades reclaman que se fagan públicos os documentos que faltan, como a memoria e os informes correspondentes a ela, xa que son textos imprescindibles para que se poida tramitar o proxecto e para que as universidades poidan facer unha valoración respecto diso.