Traballadores de ABANCA protestan por obrigarlles a facer horas gratis e de BBVA polo fin do servizo de caixa

As seccións sindicais da CIG no BBVA e en Abanca realizaron este xoves senllas concentracións en oficinas das dúas entidades na cidade herculina para denunciar "os abusos patronais e os recortes de servizos á clientela que ambas as empresas están a impoñer aproveitando a situación de emerxencia sanitaria", explican nun comunicado.

|

Parte da banca está a aproveitar a crise do coronavirus para reducir custos, xa sexa eliminando servizos como os portelos presenciais, xa sexa obrigando a realizar horas extras sen computalas, segundo a CIG


As seccións sindicais da CIG no BBVA e en Abanca realizaron este xoves senllas concentracións en oficinas das dúas entidades na cidade herculina para denunciar "os abusos patronais e os recortes de servizos á clientela que ambas as empresas están a impoñer aproveitando a situación de emerxencia sanitaria", explican nun comunicado.


Concentración de delegados e delegadas da CIG ante a sede do BBVA

A primeira protesta tivo lugar na oficina do BBVA do Cantón Pequeno para denunciar "o recorte ou eliminación do servizo de caixa decretado pola entidade durante a pandemia, pero que xa comunicou que se manterá de maneira permanente", sinala a central sindical.

"Estamos ante unha reestruturación que non foi nin comunicada nin negociada previamente coa representación social, a pesar de que afecta o emprego, a distribución do tempo de traballo, aos salarios e ás funcións", indicou Miguel Fernández, secretario da sección sindical da CIG.

Neste sentido, asegurou que esta dixitalización forzosa da clientela afectará o emprego, "xa que naquelas oficinas nas que restrinxe o horario de atención ou se eliminan as caixas, haberá unha redución dos postos de traballo e o persoal terá que facer máis funcións de carácter comercial".

CONVENIO EN ABANCA
Posteriormente, os delegados e delegadas da central sindical trasladaron a protesta ante a oficina principal de Abanca, en Rúa Nova. "Aínda que nesta entidade tamén se comparte a problemática da redución dos horarios de caixa, coa mobilización se quisó poñer a atención nos recortes de dereitos, nos despedimentos en Caixa Geral ou na negativa de Abanca a prorrogar a negociación do convenio colectivo".



"Abanca suprimiu o rexistro horario, obrigando o persoal para realizar horas extra para atender o aumento da carga de traballo"




Clodomiro Montero, secretario da sección sindical da CIG, apuntou que Abanca "suprimiu o rexistro horario, obrigando o persoal para realizar horas extra para atender o aumento da carga de traballo, que non se computan e, por tanto, nin se cotizan á Seguridade Social, nin se pagan, nin se compensan".

Tamén sostivo que se aplicou o teletraballo "con equipos non homologados para traballar toda a xornada, sen facer o rexistro, sen compensar os gastos e sen respectar o dereito á desconexión dixital".

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE