Abanca é xa a sexta entidade bancaria en España coa compra da vasca Bankoa

Abanca formalizou con Crédit Agricole a compra de Bankoa, tras o anuncio en xullo do preacordo alcanzado entre ambas as partes, segundo informou este martes a entidade galega.

|

A entidade bancaria presidida por Juan Carlos Escotet cristaliza así o acordo alcanzado en xullo e mantén a súa expansión por toda España, cunha especial presenza no País Vasco nesta ocasión. 


Cun volume de negocio de 93.000 millóns de euros, Abanca está próxima a consolidarse como a sexta entidade española por activos, con máis de 65.000 millóns


Esq-dcha: O conselleiro delegado de Abanca, Francisco Botas, o CEO adxunto de Crédit Agricole, Xavier Musca, o presidente de Abanca, Juan Carlos Escotet Rodríguez e o presidente de Crédit Agricole Pyrénées Gascogne, Marc Didier.


Abanca formalizou con Crédit Agricole a compra de Bankoa, tras o anuncio en xullo do preacordo alcanzado entre ambas as partes, segundo informou este martes a entidade galega.


Ademais, Abanca comunicou que manterá aos actuais conselleiros de Bankoa no novo consello, dada a súa traxectoria no sector financeiro e o seu arraigamento no territorio.

Abanca e Crédit Agricole alcanzaron tamén un acordo de colaboración comercial que permitirá aos clientes de Bankoa beneficiarse das capacidades de ambos os grupos, tanto no mercado español como noutros países.

Tras a firma do acordo, que se efectuou en Donostia-San Sebastián, iníciase agora o proceso de obtención das autorizacións administrativas correspondentes.

No acto da firma estiveron presentes o presidente e o conselleiro delegado de Abanca, Juan Carlos Escotet e Francisco Botas, o conselleiro delegado adxunto de Crédt Agricole, Xavier Musca, e o presidente de Crédit Agricole Pyrénées Gascogne, Marc Didier.

A compra de Bankoa permite a Abanca reforzar a súa presenza na cornixa cantábrica, concretamente en País Vasco, e aumentar o seu volume de negocio en 4.374 millóns de euros (1.788 en crédito á clientela, 1.575 en depósitos e 1.011 en fondos fóra de balance), ata os 93.000 millóns de euros, o que permitirá a Abanca consolidarse como a sexta entidade española por activos, con máis de 65.000 millóns.

Ademais de incorporar 30 oficinas e 3 axencias de empresas, situadas fundamentalmente en País Vasco, pero tamén en Navarra, A Rioxa e Madrid, a súa adquisición supón para Abanca "un importante reforzo" en segmentos de negocio como empresas e xestión de patrimonios, á vez que lle abre novas posibilidades de crecemento en financiamento de circulante, negocios, consumo e seguros.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE