As rúas de Verín tinguíronse de morado este domingo cunha multitudinaria manifestación feminista que percorreu o pobo para protestar contra "a violencia institucional" do Goberno galego e reclamar a visibilización do rol de coidados que historicamente desempeñaron as mulleres.
Saír de casa converteuse – se é que antes non o era – nun deporte de risco para as mulleres. Un deporte que moitas coñecidas miñas practican de mala gana e cun ollo na caluga, xa que os seus horarios laborais obríganlles a ir moi pronto ao traballo ou saír moi tarde do mesmo.
A plataforma Galegas 8M, que organizou gran parte das mobilizacións dese día, dá a súa versión da polémica por un boicot a un concerto programado polo Concello de Ourense. O colectivo defende a protesta contra a actuación como parte dunha estratexia contra o "lavado de fronte" que cren están levado algunhas institucións subíndose á onda de protestas feministas cando, en realidade, recortan fondos para fomentar a igualdade.
Miles de persoas participaron nas manifestacións multitudinarias celebradas na noite de onte nas principais cidades e pobos galegos no marco do 'Día Internacional da Muller'.
Nova mostra de que as direccións políticas do PP de Galicia e do PP de Pablo Casado non coinciden. Mentres a nivel estatal, os conservadores móstranse abertamente críticos coa manifestación feminista de Madrid por fomentar o "enfrontamento entre homes e mulleres " e evitan apoiar a folga, as súas deputadas no Parlamento de Galicia secundaron o paro deste #8M, polo menos durante esta mañá.
É fundamental pararlle os pés á extrema dereita e á dereita disposta a negociar coa nosa vida e co noso futuro.
As primeiras imaxes que chegan das manifestacións do Día da Muller en Galicia mostran unha gran afluencia. Á espera dos datos das administracións e das asociacións convocantes, todo parece indicar un éxito de convocatoria polo menos similar ao de 2018.
As primeiras imaxes que chegan das manifestacións do Día da Muller en Galicia mostran unha gran afluencia. Á espera dos datos das administracións e das asociacións convocantes, todo parece indicar un éxito de convocatoria polo menos similar ao de 2018.
O sindicato CIG, unha das tres principais centrais en Galicia, destaca a "importancia incidencia" do paro feminista este 8 de Marzo. O certo é que -a falta de datos da Administración- o impacto da folga é evidente, sobre todo en moitos centros de traballos públicos, notablemente nos colexios.
Á miña neta regálolle no 8M seguir tentando destacar o labor, aínda que sexa anónima, dunha muller nunha situación límite, e por outra banda denunciar calquera tipo de machismo.
A que hora é a manifestación feminista na miña localidade? Podo facer folga toda a xornada ou só a determinadas horas? Velaquí unha breve guía práctica para a xornada do 8M en que, visto o éxito do ano pasado, a concorrida manifestación do domingo en Lugo e o animado debate político vixente, prevese histórica.
Este 8 de marzo sairemos ás rúas amosando que o éxito do ano pasado non foi casualidade, senón continuidade. Que o movemento feminista leva décadas traballando por unha transformación social que é lenta, pero imparable, por moito que se cuestionen dereitos que hoxe desfrutamos todas.
Olalla Rodil (Ribeira de Piquin, Lugo, 1989) é unha das parlamentarias máis implicadas no movemento feminista. A deputada polo BNG atende a Galiciapress para expoñer que espera da folga e as marchas do 8 de marzo, comentar as polémicas en torno ao autobús de ‘Hazte Oir’ e o ‘Feminismo Liberal’ e advertir á dereita que utiliza o feminismo con fins electoralistas de que “van ter en fronte sempre ás feministas”.
Un dos éxitos do pasado 8 de Marzo foi a visualización destas realidades ocultas. Extraelas do ámbito privado para dar contas da trama estrutural de opresións que se atopa detrás de cada una delas, e que non podemos aceptar como algo natural.
Doe ter que dicir isto, pero que unha muller considérese máis muller que outra, segundo o partido político co que simpatiza ou segundo guste máis dunha corrente liberal ou conservadora, é querer abrir o máis básico dos debates machistas “a ver quen a ten máis grande”.