"Éxito" da folga feminista nas primeiras horas do #8M en Galicia


O sindicato CIG, unha das tres principais centrais en Galicia, destaca a "importancia incidencia" do paro feminista este 8 de Marzo. O certo é que -a falta de datos da Administración- o impacto da folga é evidente, sobre todo en moitos centros de traballos públicos, notablemente nos colexios.


|

O sindicato CIG, unha das tres principais centrais en Galicia, destaca a "importancia incidencia" do paro feminista este 8 de Marzo. O certo é que -a falta de datos da Administración- o impacto da folga é evidente, sobre todo en moitos centros de traballos públicos, notablemente nos colexios.



2019 03 08 piquete Vigo 001 unisono

Piquete da folga feminista en Unisono Vigo


IMPACTO NO SERGAS

"O seguimento na Sanidade Pública é moi elevado" presume o sindicato, que informa dun alto impacto en atención primaria, aínda que se cumpren os servizos mínimos. No hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, hai incidencia tanto no servizo de cociña como no de limpeza. En Compostela, o 100% das traballadoras da cafetería do Hospital Clínico non acudiron aos seus postos.


De "éxito rotundo" cualifican o seguimento noutros sectores públicos con moitas traballadores, como no Consorcio de Igualdade e Benestar; que xestiona centros de día, de maiores e as escolas infantís A Galiña Azul. 


Na comarca de Vigo, "a pesar do intento de moitas empresas por boicoteala", a folga afecta a compañías como Denso, GKN, Alonarti, Marsan, BorgWarner, Plastic Omnium, Asientos de Galicia, Viza, Alymosa, TRW, Domiberia ou Carchidea. 


VIGO

Segundo a central nacionalista, é destacable o seguimento da folga entre as traballadoras de Floco Galicia, tanto na quenda de noite como nesta da mañá. Outras empresas nas que está a ter impacto son algunhas de alimentación como Frigolouro, , Valcárcel, Orbe, Fandicosta, Mascato ou Conservas Rías Baixas e do téxtil como Bimba e Lola, Pili Carrera, Paz Rodríguez e Selmark. De igual maneira, rexístrase un elevado seguimento en empresas importantes do sector dos centros de chamadas como Bosch e Unísono.


Por último, empresas do transporte como Gefco ou Vitrasa tamén rexistran un "importante seguimento", a pesar de que l"a concesionaria do servizo de autobuses do Concello de Vigo non lle comunicou os servizos mínimos ás súas traballadoras".


PONTEVEDRA

No caso de Pontevedra, de acordo á información da CIG, a folga déixase notar en empresas de frío industrial situadas no Porto de Marín como Marfrio ou Cabomar. En Treves, firma do sector da automoción, o seguimento está a ser total, mentres que en Ferrovial, concesionaria da limpeza viaria sitúase en torno ao 80%. No caso de Acciona, que ese encarga da limpeza dos hospitais Provincial e Montecelo baixa ao 40%.


A Coruña

Na área da Coruña a folga, en palabras da central, déixase notar na administración pública, pois están pechados todos os centros cívicos da cidade, a Casa Casares e Cásaa María Pita. E tamén parte das traballadoras de axuda a domicilio sumáronse ao paro. Espérase un seguimento importante no comercio e no comedor de Zara Loxística a maioría das traballadoras van á folga, polo que non se poderán dar comidas. No sector industrial, as traballadoras de Celsa Atlantic da Laracha tamén foron á folga e o 50% da traballadoras de Ferroatlántica de Cee. En Extel e Atento, dous das grandes empresas do sector de atención telefónica da Coruña, o seguimento sitúase no 80%.


SANTIAGO

Sobre o impacto na capital de Galicia, o colectivo di que ao redor do 90% das empregadas do Concello de Santiago están en folga e máis do 50% das traballadoras de axuda no fogar do Concello de Brión e Ames. Caso especial é da condutora do lixo de Sogama, a única muller que hai neste servizo, que tamén está a facer folga.


FERROL

En Ferrol laaesta hora o paro é patente entre as mulleres que traballan nos estaleiros de Navantia, onde hai un piquete informativo ás portas da antiga Bazán, na fábrica de Einsa (As Ponte) e na planta de Indipunt (Narón). Rexístrase paro tamén en Arteixo Telecom, na Administración local, nas oficinas de Correos e en tres residencias da comarca o seguimento é do 100%.


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE