​Madrugar tamén é machista

Rodrigo Brión Insua

Odio madrugar. Como á maioría as sabas péganseme ata o punto de que é imposible discernir onde empeza o home e acaba a franela. Ironicamente, encántame todo o que rodea ao concepto ‘madrugón’, salvo o momento de abandonar a miña cama. O que máis me gusta dos madrugones é poder pasear polas rúas desertas. As cidades antes do amencer son moi distintas, sen o bulicio dos comercios, o ir e vir de traballadores, paseantes e turistas nin o infernal asubío dos cláxones atrapados nalgún que outro atasco. En Santiago, antes de que salga o sol, pasear pola Rúa do Franco resulta toda unha experiencia. Mentres algúns propietarios soben perezosamente o enreixado dos seus establecementos, un puñado de persoas deambulan entre as sombras dos farois pola pedregosa arteria compostelá, cruzándose indiscriminadamente aqueles que alongaron a noite para comprar o pan e tomarse a penúltima cos que marchan a traballar vestidos de domingo. Eu fágoo alegre e seguro. Porque son un home.


E isto non o digo para reafirmar o meu masculinidad. Dígoo máis ben como queixume. O queixume de pensar que a miña irmá, o meu mellor amiga, a miña parella, a miña compañeira de traballo ou calquera descoñecida que habite en Compostela non poden gozar dese gratuíto pracer coa seguridade coa que o fago eu. Saír de casa converteuse – se é que antes non o era – nun deporte de risco para as mulleres. Un deporte que moitas coñecidas miñas practican de mala gana e cun ollo na caluga, xa que os seus horarios laborais obríganlles a ir moi pronto ao traballo ou saír moi tarde do mesmo. Porque quen sabe que se esconde entre as sombras nun mundo onde os casos de abusos sexuais e violacións en mandas volveuse o triste pan o noso de cada día.


Non podo facer máis que entender e solidarizarme con todas as miñas compañeiras e veciñas que llo pensan dúas veces antes de saír soas á rúa. Tamén dubidan á hora saír a correr de noite, algo que tamén fago eu sen temor, un horario moito máis cómodo para facer deporte nestes calorosos días de verán. As noticias que nos bombardean día si día tamén desde os medios non fan máis que acrecentar a desconfianza nos demais e encerrarnos un pouquiño máis en nós mesmos, enganándonos na absurda idea de que vale máis o malo coñecido que o bo por coñecer e que só no noso fogar estamos a salvo. É como pensar que se un monstro entra de noite no noso cuarto a fina manta que nos cobre a cabeza protexeranos de calquera mal, aínda que iso déixenos os pés ao descuberto. A pesar de todo, contemos o alento e esperamos a que os nosos medos abandonen o cuarto, sabedores de que cando despertemos o dinosauro seguirá aí.


Tampouco podo evitar pensar que, nun tema tan complexo como o de garantir a seguridade aos cidadáns, pequenas accións poden facer moito ben á metade da sociedade, tantas veces esquecida. Campañas como ‘Compostela en negro’ poñen o foco sobre a violencia machista e axudan a dar voz aos movementos feministas que tratan de converter a cidade nun lugar máis seguro para todas e todos. Pero pequenas medidas, por exemplo mellorar a iluminación municipal para iluminar as rúas da cidade, tal e como reclamaba nunha conversación con este medio a concelleira Goretti Sanmartín, poden axudar de forma decisiva a romper o “dominio do medo” ao que se refire a edil nacionalista. Insisto, é moito máis complexo que iso, pero de noite pode marcar a diferenza entre volver a casa andando no canto de correndo.


Hai uns días saltaba a alarma na capital galega pola denuncia dunha moza ao propietario dun coñecido local compostelán, acusándoo de tentar abusar dela, logrando zafarse del cando tentaba violala segundo o seu testemuño. Un testemuño reafirmado máis tarde por mulleres que din vivir experiencias parecidas con ese individuo. Como ven, Santiago de Compostela non é unha excepción nun mundo tan caótico e estraño.


Un arxentino ilustre de cuxo nomee son incapaz de acordarme explicaba a sociedade como un partido de fútbol. O seu resumo era que o choque entre xente mala e xente boa reflicte actualmente un 2-1 no luminoso para os primeiros, pero que os bos teñen a pelota e están a atacar. Quero pensar que isto é así. E que noventa minuti no feminismo son molto longos.


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Máis opinión
Opinadores

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE