O nigranés Dro se doutora na Champions League con só 17 anos goleando a Olympiacos

O canteirán culé foi titular e brillou na hora que estivo sobre o verde na goleada ao cadro heleno.


|

Dro y Fermu00edn
Foto: FCB

 

Tiña que ser precisamente ante un equipo grego onde Pedro 'Dro' Fernández chamase ás portas do Olimpo do fútbol. O futbolista de Nigrán, a última xoia en saír da mina de diamantes en bruto que é A Masía, debutou en Champions League co Futbol Club Barcelona no 6-1 ante o Olympiacos de Mendilibar. Nunha noite que dificilmente poderá esquecer, o centrocampista galego non pasou desapercibido e gañouse os eloxios da afección e de Hansi Flick, que de novo lle volveu a dar confianza a medida que se vai asentando no primeiro equipo.

 

 

UNHA ESTREA PROMETEDORA

Despois de gañar a Younth League o ano pasado, Dro se enfundó a elástica azulgrana este martes para facer a súa primeira aparición na liga das estrelas. Á terceira xornada de Champions, xunto antes do Clásico, o Barça chegaba cos efectivos xustos, obrigando ao técnico alemán a botar man dos máis inexperimentados, que unha vez máis responderon coa solvencia das grandes promesas da canteira culé. 

 

G3z5qDhWoAAaWSR
Foto: FCB

 

Si ante o Xirona o sábado foi Toni Fernández o que formou parte do once, en Champions foi a quenda de Pedro, que desde a súa titularidade ante a Real Sociedade, onde deixou escintileos da súa calidade, non gozara de minutos nin nas derrotas ante PSG e Sevilla nin no triunfo ante os xerundenses, a pesar de ser recoñecido polo diario The Guardian como un dos 60 mellores futbolistas do mundo entre os nados en 2008.

 

 

A ocasión chegou no duelo contra o cadro heleno, onde volveu demostrar estar á altura do escenario e das expectativas. O nigranés foi un do sete canteiráns que formaron parte do equipo titular da escuadra da cidade condal xunto a Cubarsí, Balde, Eric García, Marc Casadó, Fermín e Lamine Yamal. Rashford, Kundé, Pedri e Szczesny completaron a aliñación inicial.

 

 

Dro gozou dunha hora de xogo, facendo as funcións de mediapunta, intercambiando a posición por un Fermín descolgado na esquerda pero con tendencia a ir ao centro da acción. O de Huelva foi o gran protagonista do partido co seu hat-trick, facilitado polo propio Dro, que asinou a asistencia do 2-0 no minuto 39: un balón que pelexa Pedri e que recolle Dro máis aló da liña de medio campo, virando sobre si mesmo enfila a portaría contraria para en só tres toques atopar unha autoestrada para filtrar o balón a Fermín, que a recibe na área e cun simulacro creba ao defensor e envía o balón ao fondo da rede.

 

 

Foi o gol da tranquilidade para un Barça que, aínda que o resultado diga outra cousa, sufriu máis da conta contra os do Pireo, que máis ben parecían chegados de Esparta. O 2-1 do Kaabi puxo emoción a un choque que se resolveu pouco despois pola expulsión de Hezze -no seu día na axenda do Celta- e a choiva de catro goles en once minutos cos que Lamine, de novo Fermín e Rashford en dúas ocasións pecharon o debut de Dro en Champions, que deu unha asistencia nun día onde a súa folla de servizo descobre tamén un 90% de acerto nos pases, dos cales sete dos 18 que entregou foron no terzo final do campo, probando ser un futbolista que non desentona, a pesar dos seus insultantes 17 anos, nun dos candidatos a levantar a orejona. 

 

 
G3zZEZxX0AAZMZF
Foto: FCB

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE