Chegar a vello en Galicia

Manoel Barbeitos
Economista

"Os poderes públicos garantirán, mediante pensións idóneas e periodicamente actualizadas, a suficiencia económica aos cidadáns durante a  terceira idade. Ao mesmo tempo, e con independencia dos deberes familiares, promoverán o seu benestar mediante un sistema de servizos sociais que atenderán os seus problemas específicos de saúde, vivenda, cultura e lecer" (CONSTITUCIÓN ESPAÑOLA, art. 50)

 

Se analizamos un pouco polo miúdo a realidade dos maiores en Galicia comprobaremos como este mandato constitucional, con carácter xeral, non se cumpre o que supón que a chamada terceira idade non goza do nivel de benestar e calidade de vida á que ten dereito. 

 

En relación á garantía dunha suficiencia económica as evidencias empíricas confírmannos que para un número moi elevado de pensionistas galegos esa garantía non existe. O día de hoxe a pensión media de vellez -que por razóns operativas identificamos coa de xubilación- está en 1.067,2 euros mensuais que é a segunda máis baixa do Estado. Teñamos en conta que estamos a falar das contributivas (493.000), que teñen un importe medio claramente superior ao das non contributivas. Unha evidencia empírica que nos confirma que a renda da maioría dos cidadáns galegos da terceira idade é máis baixa que a media de España, entre outras razóns porque o 65% dos xubilados galegos teñen unha pensión inferior ao SMI (1.000 euros)

 

En canto aos servizos sociais que atenden aos seus problemas específicos a situación é claramente deficitaria. Tomemos, por caso, a realidade das residencias de maiores  -poderiamos habelo feito coa Atención a domicilio ou os Centros de día- que, como novamente acabamos de saber hai poucos días, esconden situacións realmente indignantes e que atentan contra os dereitos máis elementais dos maiores. Situacións que xa a pandemia da COVID-19 sacara á luz -o 45% do total de falecementos tiveron lugar en residencias- a pesar da postura ferreamente oscurantista tanto das direccións dos centros como do Goberno galego. Unha situación que, a pesar diso, non debería sorprendernos dado que, como xa sinalamos para a atención sanitariaeste Goberno galego de quenda (#PP) volve apostar pola iniciativa privada como así o fixo público recentemente o Presidente da Xunta, o señor Rueda. Unha aposta ideolóxica e de clase que se reflicte en feitos como a debilidade da iniciativa pública -Galicia está entre as CCAA con menor presenza de prazas en residencias públicas: 1,83 prazas residenciais por 100 maiores, claramente por baixo da media estatal: 2,65; sendo a máis elevada en presenza privada: 59% do total de prazas-. Unha realidade que leva a que sexamos, neste momento, a terceira CCAA cun maior déficit de prazas residencias -unhas 15.000-.

 

Unha aposta pola iniciativa privada que ten consecuencias talles como a falta de persoal que ademais está mal retribuido -pois a procura do incremento da rendibilidade e a máxima ganancia ten un dos seus soportes na redución dos custos- e que os pacientes sexan tratados como pezas dunha fábrica. Factores que repercuten na atención,  derivan en consecuencias como as sinaladas anteriormente -o 95% dos falecementos teñen lugar nas residencias privadas- e convértense en déficits recorrentes: en Galicia nos últimos 15 anos non se construíu unha soa residencia pública.

 

Unha característica relevante desta aposta pola iniciativa privada é que en gran parte da mesma dominan os fondos de investimento -como, por caso, o Intermedial Capital Group con forte presenza a través da empresa DOMUS VIN quen xestiona 30 residencias: 18 privadas e 12 públicas- o que leva a que na xestión destas residencias prime a obtención de plusvalías bolsistas -que cotizan a alza- sobre a utilidade social e a calidade asistencial. Resulta obvio que todo este tipo de operacións é posible polas boas relacións que eses fondos teñen cos poder públicos como, por caso, estamos a ver entre DOMUS VIN e o actual Goberno galego das dereitas (#PP).

 

Por todas as razóns apuntadas, que son políticas, chegar a vello en Galicia supón, en moitos casos, afrontar un futuro moi incerto a nivel de benestar e calidade de vida



 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Máis opinión
Opinadores

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE