​A Xunta mételle présa a Costas pola prórroga de Elnosa

O Goberno deulle o seu visto e prace á autorización ambiental da fábrica de cloro, rexeitada polo Concello de Pontevedra.


|

ElnosaA fábrica de cloro comparte localización con Ence.


O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, pediulle este luns á Dirección Xeral de Costas "celeridade" na decisión sobre a prórroga de Elnosa nos terreos de Lourizán, en Pontevedra, á vez que reiterou que lle "gustaría" que puidese "quedar".


Referiuse así á continuidade da fábrica de cloro que comparte localización ao pé da ría coa pasteira Ence, tras lembrar que a Xunta xa lle deu o seu e prace á autorización ambiental para que poida iniciar a súa reconversión adaptando a súa tecnoloxía ás esixencias da UE de non seguir utilizando mercurio nos seus procesos industriais.


Unha vez resolta a parte da Xunta, se "outras administracións (o Concello de Pontevedra ou o Ministerio de Medio Ambiente) impiden" que Elnosa continúe en dominio marítimo-terrestre, segundo Rueda "terán que explicar as súas decisións".


En canto ao concello da capital, o vicepresidente galego evocou que xa manifestou publicamente que "en ningún caso, baixo ningún concepto, quería que esta empresa quedase aquí". "Polo menos hai que agradecerlle a claridade", apostilou, aínda que insistiu en que a súa vontade é que poida permanecer.


"CANTO ANTES"


"Isto non vai de amigos ou non amigos, vai de cumprir a lei e de tomar decisións razoadas e que, por suposto, se expliquen", resolveu o tamén responsable do PP na provincia de Pontevedra, para urxir a resolución dos expedientes.


"A decisión, a que sexa, debe ser tomada canto antes", incidiu Rueda, desde o convencemento de que "non é bo para ninguén, nin para os traballadores e as súas familias nin para o tecido empresarial de Pontevedra", que a cuestión siga "permanentemente aberta". É o que dixo aos xornalistas sobre ese "tirón de orellas" a Costas.


relacionada Elnosa recibe a autorización ambiental integrada para desmantelar a planta
relacionada Cadea humana contra a continuidade da fábrica de Elnosa
relacionada Elnosa presenta a proposta de ERE para despedir a 16 traballadores

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE