Cadea humana contra a continuidade da fábrica de Elnosa

A Asociación pola defensa da Ría de Pontevedra protesta contra a autorización ambiental da cloreira.


|

Cadena humana adegaImaxe da protesta. Foto: @ADEGAgz


A Asociación pola defensa da Ría (APDR) reuniu este sábado a cidadanía para participar nunha cadea humana nas rúas de Pontevedra, entre a sede da delegación do Ministerio de Medio Ambiente e a sede da Xunta en Campolongo, para mostrar a súa desconformidade cunha posible continuidade en Lourizán da fábrica de Electroquímica do Noroeste S.A. (Elnosa).


A iniciativa foi presentada polo presidente da APDR, Antón Masa, que considerou "antidemocrática" a actitude do vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, que anunciou que concederá á cloreira a Autorización Ambiental Integrada (AAI) "cando o proceso aínda está aberto".


Elnosa está pendente da revisión da AAI por parte da Xunta de Galicia para que acepte o paso da tecnoloxía de mercurio á de membrana. Esta reconversión duraría un tempo estimado de dous anos e medio durante o cal a factoría de Lourizán só produciría hipoclorito de sodio utilizando cloro procedente doutros puntos.



A APDR alerta dos "numerosos perigos contaminantes" que leva o proceso de desmantelamento do sistema de mercurio. Antón Masa afirma que este traballo debería facelo unha empresa especializada e non os propios traballadores da factoría, xa que implica riscos para o propio persoal.


Ademais, o presidente da asociación ecoloxista afirma que non está garantida a eliminación do mercurio mentres a fábrica se atope traballando para producir hipoclorito, tal e como sucedería se se segue o proxecto presentado pola CUF, a multinacional propietaria de Elnosa.


Atendendo aos propios informes presentados pola empresa, indica Antón Masa que a escavación do chan non é a que presenta máis garantías e tampouco se contempla a superficie de chan que se ve afectada, nin se explica como se van tratar as terras e as augas contaminadas.


"SEGREDO"


Por outra banda, Masa criticou o "segredo" co que se leva a tramitación da prórroga de Costas para que Elnosa poida continuar ocupando o espazo actual despois do 29 de xullo de 2018 cando finalice a concesión marítimo-terrestre.


Este proceso atópase aberto desde xaneiro de 2016 e o Ministerio de Medio Ambiente considerou que a APDR non é parte interesada, a diferenza do que sucedeu durante o proceso de ENCE.


relacionada Elnosa presenta a proposta de ERE para despedir a 16 traballadores
relacionada A "data de caducidade" de Elnosa preocupa aos traballadores
relacionada Marcha en Pontevedra para precipitar a caída de Elnosa e o arrastre de Ence

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE