Comeza este sábado a folga en PSA Vigo convocada por CIG e CUT

Denuncian as "altas cargas de traballo", mentres outros tres sindicatos se desmarcan da convocatoria.


|

Citroen 11


A folga convocada para os sábados de outubro e novembro por CIG e CUT na factoría viguesa de PSA Peugeot Citroën para denunciar as "altas" e "abusivas" cargas de traballo e ritmos de produción arrinca este día 14, sen o apoio dos demais sindicatos que compoñen o comité de empresa.


Os sindicatos convocantes da mobilización denuncian que no cómputo global, a fábrica perdeu 162 postos de traballo respecto de 2016, ante o que reclamaron medidas para adaptar cada tipo de traballo co fin de evitar "repercutir gravemente na saúde dos traballadores".


É por isto que irán á folga todos os sábados de outubro e novembro a partir deste día 14, co que, ademais de reivindicar as ditas melloras, buscan suprimir a sexta xornada laboral e achegar unha "ferramenta" para que "os traballadores que teñan que vir obrigatoriamente os sábados, poidan non vir e non ser penalizados".


De forma paralela, CUT e CIG expuxeron a posibilidade de realizar un referendo na planta ou unha asemblea aberta para que os propios traballadores decidan se as medidas postas sobre as mesa son suficientes "ou fan falta solucións máis drásticas".


Pola súa banda, os sindicatos SIT, UGT e CC.OO. desmarcáronse desta mobilización ao entender que é "unha medida desproporcionada", posto que a empresa empezou a adoptar medidas para rebaixar as cargas de traballo; e avogaron por dialogar e negociar.


relacionada Multan a PSA Peugeot con 50.000 euros por vulneración do dereito a folga
relacionada PSA Peugeot Citroën pecha un acordo para comprar Opel
relacionada A automoción de Vigo espera crear máis de 1.500 empregos grazas a un novo modelo

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE