Venezuela somos todos

Manuel Fernando González Iglesias

Venezuela



Venezuela entra, a partir de hoxe, nun sombrío túnel de descrédito internacional da man dun gorila político do que non se albisca a luz de saída. Neste punto, pídolles perdón aos gorilas por roubarlles a boa imaxe que nos proxectou a través da televisión e o cinema a inesquecible zoóloga californiana Dian Fosey. Un simio xigantesco que meteu o seu país nunha sanguenta travesía cara á ditadura que, aos que temos amigos ou familiares malvivindo alí, tennos angustiados e indignados por non saber como axudarlles. Non esquezamos que a patria de Simón Bolívar foi terra de acollida e de traballo para moitos exiliados e emigrantes españois en épocas moi duras e difíciles da nosa historia.


Onte contemplaba unha foto de familia da cúpula militar venezolana que deixou indefenso o seu propio pobo e nela, só vía individuos excedidos de peso e cargados de medallas que me devolvían á memoria as imaxes dos Batista, os Somoza, o mismísimo Pinochet, a Leónidas Trujillo, ao arxentino Videla ou ao tamén venezolano Xeneral Juan Vicente Gómez quen gobernou toda a súa triste vida o país desde 1908 ata 1935 no que morreu sen que ninguén conseguise apartalo do poder, despois de pechar a Universidade central de Venezuela tras provocar unha terrorífica matanza de estudantes alá polo xa moi afastado 1928.


Agora chega o condutor de autobuses Nicolás Maduro e con el, o modelo cubano que promete deixar empequenecidos os irmáns Castro, os seus admirados amigos. E aínda que Fidel Castro e o seu felpudo bolivariano Hugo Chávez xa non existan, quedan as súas imaxes en xeso ou en bronce que este primate colorao saca en procesión cada vez que os seus compatriotas lle piden urnas e democracia.


Supoño, que á vista do que pasa, os profesores Monedero, Iglesias e Errejón deben encerrarse nalgún lugar secreto da súa Universidade Complutense para deseñar unha nova estratexia que lles evite avergoñarse en público de ser mentores e sobre todo, amigos, de semellante truño internacional. Os próximos meses dirannos se neste país, aínda chamado España, a xente lles retira o crédito polo seu disimulo vergonzante do que pasa en Venezuela e os obriga a cambiar o discurso podemita sobre esta animalada que xa non ten por onde collerse.


A min, persoalmente, dáme igual o que pensen. Só quero que os venezolanos acaben con este pesadelo e que unha guerra civil non se some ademais á represión que xa padecen. Se Vds. se senten demócratas, sexan da ideoloxía que sexan e voten a quen voten, non teñan ningunha dúbida: Agora mesmo, Venezuela somos todos e a súa democracia é tamén a nosa. Defendámola. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Máis opinión
Opinadores

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE