O presidente da Federación de Venezolanos en Galicia (FEVEGA), Manuel Pérez, transmite o estado de ánimo da comunidade venezolana en terras galegas: "non existe un venezolano que estea tranquilo". As advertencias de Trump a Maduro sobre a súa presunta implicación co narcotráfico e a mobilización de tropas navais no Caribe, fixeron que venezolanos e venezolanas residentes en Galicia estean expectantes polo que poida suceder nos próximos días. Non reclaman unha invasión pero si existe unha sensación de que Maduro podería ser "entregado", mesmo defenestrado por membros do seu propio exército.
O país suramericano atrae hoxe todas as miradas do panorama internacional na xornada na que, presumiblemente, Nicolás Maduro será investido presidente do país
A escalada das tensións políticas entre España e Venezuela está a repercutir de forma clara sobre a colonia de venezolanos emigrados en Galicia, que mantén uns importantes lazos históricos e culturais co país suramericano -cerca do 7% dos emigrantes venezolanos en España residen en Galicia, segundo datos do INE de 2022-. Desde a Federación Venezolana de Galicia (FEVEGA) prestan axuda a todos os venezolanos que arriban á comunidade, xa sexan emigrantes retornados ou persoas sen ningún vínculo con Galicia. Á vista da persecución que o chavismo está a exercer sobre a oposición, Manuel Pérez, presidente de FEVEGA, explica a Galiciapress o aumento de solicitudes de información de venezolanos interesados en vir a Galicia, á vez que afirma que noticias como a detención de dous cidadáns españois por parte das forzas de Maduro nin lles resulta sorprendente nin cren que vaia ser algo anecdótico: “Si queres facer turismo de aventuras e con final complicado recomendo Venezuela”.
O país de Maduro vai á cola na realización de probas PCR
O expresidente do Goberno de España asistiu a unha reunión con Nicolás Maduro e a vicepresidenta do goberno venezolano, Delcy Rodríguez, de actualidade en España despois do seu presunto encontro co ministro Ábalos en Barallas hai uns días, que propiciou as críticas da oposición.
O líder opositor venezolano Juan Guaidó insiste na mobilización civil tras o fracaso do alzamento militar.
Varios drons con cargas explosivas detonaron nas proximidades da tarima onde o presidente venezolano ofrecía un discurso con motivo da celebración dos 81 anos da Garda Nacional Bolivariana (GNB), provocando “algunhas feridas” en sete militares.
O presidente venezolano espera solventar o problema en decembro de 2017
O ex alcalde de Caracas, asegurou ao aterrar en Barajas que Venezuela está "metida no abismo".
Agora chega o condutor de autobuses Nicolás Maduro e con el, o modelo cubano que promete deixar empequenecidos os irmáns Castro, os seus admirados amigos.
No país témese que os parlamentarios opositores, que non recoñecen a autoridade da nova Asemblea Constituínte de Maduro, sexan desaloxados pola forza.
Non debería estrañarnos, entón, que de súpeto apareza o Presidente Maduro "bailando salsa" e participándonos que temos nova Constitución.
A recente convocatoria do Presidente Maduro a unha Asemblea Nacional Constituínte (ANC) parece ser, de novo, unha resposta reactiva e tardía á severa crise social, económica e política que vive o país.
Malestar no Goberno despois de que Maduro asegurase que a Rajoy "rebentaránselle os dentes" se se mete nos asuntos do seu país.