Un cordón sanitario

Manoel Barbeitos
Economista

Reiteradas veces neste espazo, que xentilmente me conceden os responsables do medio, reflectín que un dos maiores déficits que ten a democracia española deriva do carácter escasamente democrático das dereitas políticas maioritarias (Partido Popular). Unha circunstancia que nos diferencia e separa das democracias europeas mais avanzadas (Francia, Gran Bretaña, Alemaña, países escandinavos...) para aproximarnos a outras claramente deficitarias (Hungría, Polonia...).


Recentemente tivemos unha nova mostra desta realidade cando no Parlamento español e desde a tribuna de oradores o portavoz do Partido Popular (PP), señor Casado, afirmaba que "a Guerra Civil foi o enfrontamento entre os que querían a democracia sen lei e os que querían a lei sen democracia". Unhas declaracións que poñen en evidencia dúas realidades, cada cal máis vergoñosa para o señor Casado, e, de rebote, para o seu partido (PP). En primeiro lugar, que o seu coñecemento da historia de España é moi elemental, moi primario. En segundo lugar, que equiparar aos defensores da II República española cos fascistas que se levantaron contra ela ("unha conspiración monárquica, militar e fascista" como ben a define o profesor Angel Viñas uno dos maiores e mellores historiadores especializado na Guerra Civil e o franquismo), que primeiro asaltaron un réxime democrático e constitucional, provocando unha terrible guerra civil, para logo vitoriosos instaurar un réxime de terror que duraría case 40 anos, resulta abraiante para calquera demócrata, realmente descualifícao como demócrata e como politico. Cabe, por caso, preguntarse que pasaría en Alemaña se a señora Merkel, ou calquera outro político alemán, equiparase, na tribuna do Reichstag, aos políticos demócratas cos nazis de Hitler. Ou se en Italia algún dirixente político italiano fixese o mesmo cos demócratas e os fascistas de Mussolini. Cabe pensar que no caso do señor Casado traizoáronlle tanto o subconsciente como os nervios polo auxe de Vox entre os seus potenciais votantes.


Non parece, por caso, que o señor Casado houbese tomado nota do sucedido recentemente en Francia con motivo das últimas eleccións rexionais. Porque se realmente quixese ser un lider político valorado, un estadista, debería tomar exemplo das dereitas francesas, quen ante o perigo que para Francia supoñería unha vitoria da extrema dereita representada polo partido de Agrupación Nacional (RN) liderado por Marine Lle Pen, formaron coas esquerdas unha fronte republicana -"un cordón sanitario"- que fixo posible que a extrema dereita francesa queda fóra de calquera goberno rexional a pesar de que na primeira volta fora a opción máis votada en seis das trece circunscricións electorais.


No que fai referencia ás dereitas galegas que lidera o señor Feijoo (PP) estas faríanlle un gran favor á democracia en Galicia se, dalgunha forma, descualificasen e distanciásense das posicións que ultimamente ocupa e defende o seu líder español, o señor Casado.   


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Máis opinión
Opinadores

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE