​O Parche da Moncloa

Manuel Fernando González Iglesias

O Gran Sánchez tentou fai unhas de semanas reeditar o Pacto da Moncloa, sen darse conta que nin el é Adolfo Suarez, nin que na oposición había políticos como Felipe González, Santiago Carrillo, Manuel Fragao alcalde Tenro Galván,  Miguel Ferreiro de Miñón ou Miguel Roca, por citar algúns nomes máis coñecidos. Iso non pasa agora, e como as comparacións son odiosas, mellor quedaremos todos dicindo, que esta é outra política e os seus protagonistas son o que os seus votantes tiveron a desdicha de votar. Por iso, atreverse a reeditar un acto histórico cando somos moitos os que lembramos os tempos en que a foto daquel entón xa é hemeroteca, resulta unha temeridade propia dun momento de euforia persoal, o retitular sen o menor sentido.


Pactosmoncloa


Pacto



Por iso a foto de familia de Pedro Sánchez con Pablo Iglesias, a ministra podemita Yolanda Diaz, artífice da xestión destes acordos, o Presidente da CEOE e os secretarios xerais de Comisións e UXT déixanos fríos. É máis, cando se lles ve a estes dous últimos, botamos moito de menos a Nicolas Redondo e Marcelino Camacho ou a Zufiaur. A instantánea píllanos baleiros de sentimentos, e do que se proxectou ao que agora vemos, tan só vese que se deu un pequeno paso na dirección correcta cara a acordos de baixo nivel, que, uns e outros, unhas e outras, han de comezar a asinar  xa, aínda que á súa vaidade ou a súa ideoloxía, de todo hai no Madrid dos Sánchez e os Iglesias, non lles conveña ou non lles guste. Porque, se non se fai así, temos todos os números para levarnos “o cuponazo europeo” no que refire ao número de parados e peche de miles de negocios por ruína total.


Como parece, este Acordo dos ERTES, financiarase con diñeiro público. Ou sexa: pagámolo todos cos nosos impostos, salvo que a Ministra galega consiga convencer aos seus homónimos europeos para que solten a guita inmediatamente. Palabra moi querida polos meus irmáns arxentinos que ma meteron no meu vocabulario cando tiven a sorte, nos meus anos novos, de convivir con eles e que é sinónimo de boa pasta. Ante semellante panorama, ao mal chamado Pacto da Moncloa actual, poderiamos endosarlle un titular máis vallenclainesco para quedarnos no seu xusto termo: O Parche da Moncloa, porque, xa vai sendo hora que ás cousas que nos pasan nestes tempos de penuria e pandemia chamémoslles polo seu nome, e non polo que nos queren endosar no subcosciente os nosos admirados políticos cos seus innumerables discursos de propaganda.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Máis opinión
Opinadores

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE