Deixade que os nenos se acheguen a min

Manuel Fernando González Iglesias

A saída dos nenos e nenas máis pequenos á rúa supuxo , á hora da verdade, unha impresentable pelexa entre goberno e oposición, por un asunto que, debería ser unha feliz circunstancia a celebrar por todas e todos, xa que a alegría dos máis pequenos era unha meta irrenunciable para nós, os e as que levamos encerrados en casa desde a primeira orde de confinamento do 14 de Marzo, que logo se foi prorrogando ata “Deus sabe cando” digan o que digan Goberno e oposición.


Zapatos nenos




Tras a experiencia do domingo, que o escribe leste articulo considera moi positiva, digan o que digan os cainitas bolivarianos ou franquistas redomados que só se fixaron nas metidas de pata dalgúns pais, moi reprobables, pero minoritarias. Aos nenos hai que deixarlles saír a xogar, e para iso hai que desinfectar cada día os lugares onde poden facelo, que son moitos, axudados, non con ánimo policial senón de convivencia cidadá das POLICIAS LOCAIS  de cada municipio ou sinxelamente,  por voluntarias e voluntarios de Protección civil que, como nais e pais que son case todo eles, teñen unha visión da pandemia máis próxima aos cidadáns e as súas debilidades que a policía gubernativa que está para outras cousas máis difíciles, recollidas case todas elas, no ámbito do Código penal.

.


As nais e pais deste país, sexa cal for a súa bandeira ideolóxica, non somos delincuentes, nin este é un Estado policial que saibamos. Os dereitos e liberdades dos cidadáns, por moi en suspenso que estean, non lle dan dereito a ninguén, político ou civil, a regodearse na mala praxe dalgunhas e algúns, convertendo mesmo os telexornais, que só deben vivir para a información obxectiva, nun campo abonado á denuncia dos contribuíntes como xa se facía, con malsana dureza, nos primeiros anos da Ditadura franquista ou na Cuba dos Irmáns Castro. O chivateo estalinista sinalando ao veciño ou ao disidente, é nauseabundo, practíqueo quen o practique. E se falamos do que fixesen mal as nais e os pais na primeira saída dos seus fillos á rúa tras varias semanas de duro peche familiar, que os Tribunais aínda teñen que xulgar por se foi un atropelo constitucional, por certo volvo preguntar publicamente, unha vez máis, onde está o poder Xudicial? , reflicte no seu conxunto, unha imaxe global dunha sociedade inmatura por cainita, que busca delincuentes onde só hai parvos da pandemia ou, como moito, irresponsables, parimos, que se diría na miña Galicia natal.


Di o Evanxeo: Deixade que os nenos se acheguen a min, (incluso os de 14 a 18 anos).


Pois iso, os nenos para pasear que xa era hora, e logo deben facelo as avoas e os avós.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Máis opinión
Opinadores

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE