Non hai que ir moi lonxe para atopar unha definición bastante apañada, pero real, do que é o Síndrome de Estocolmo. A que consultamos di o seguinte: Tastorno psicóloxico temporal que aparece na persoa que foi secuestrada e que consiste en mostrarse comprensivo e benevolente coa conduta dos secuestradores e identificarse progresivamente coas súas ideas, xa sexa durante o secuestro ou tras ser liberada.
E tras ler tal definición tentemos agora que, por fin, os nenos van saír a pasear con moitas limitacións á rúa, de entender que a euforia ou a ansiedade non debe enganarnos á hora de volver á nosa estrañada normalidade, deixando que os mellores datos, fágannos caer na irresponsabilidade de que o coronavirus xa pasou ou que como di o cretino de Trump isto pódese arranxar cunha inxección interna de desinfectante.
O que sufrimos, as persoas mortas nas residencias, os falecidos nos hospitais porque a prevención chegou demasiado tarde, como tamén pasou co material sanitario, ou as probas de detección do COVID 19 que agora, medio comezan a facerse de maneira máis intensa, pero insuficiente aínda, a falta de medios nos hospitais debido a recortes políticos e sobre todo os erros de quen nos goberna en España, as súas autonomías e numerosos Concellos, son cuestións pendentes que o outro poder do Estado, o Xudicial, ao que sinto como moi desaparecido nestes momentos tráxicos, debe aclarar si ou si, caia quen caia, cando as vacinas funcionen, descubra o que, quen, cando, como, onde e por que dunha pandemia nada en China de forma misteriosa e mortal, para esixir responsabilidades aos seus autores e colaboradores máis directos da propagación da mortal enfermidade.
Por iso, alegrémonos de que empecemos a ter algunha boa noticia e que os nosos nenos poidan xogar ou pasear na rúa, pero non nos volvamos descoidados nin neglixentes porque, se o facemos, estamos como no Sindrome de Estocolmo volvéndonos comprensivos e benevolentes con quen non se gañou aínda ese privilexio social. Por iso, e só por iso, primeiro gañemos esta guerra global, e a continuación, fríamente e sen ningún remorso, usemos nosas democracias e todas as leis e Tribunais que existen, tanto nacionais como internacionais, para empapelar a aqueles que por inacción ou mala praxe sanitaria e política causasen tanto dor e tanta mortaldade de inocentes. Debémosllo a nosa propia dignidade e a memoria de quen perdeu as súas vidas. Pero, de momento calma, e sobre todo, moito coidado coa saúde dos nosos nenos que son o noso futuro...
Escribe o teu comentario