A Galicia postcoronavirus

Manoel Barbeitos
Economista

Entre os efectos colaterais que trouxo a pandemia están, sen dúbidas, os cambios habidos no escenario político galego. Cambios que se manifestan, por caso, no distinto protagonismo que teñen agora tanto cada un dos partidos (PP, POSE, BNG, UP) como, moi especialmente, os primeiros actores. Cambios que afectarán ao resultados das vindeiras eleccións pois segundo queden cubicados ao final da pandemia, que terá lugar en pleno impacto da nova recesión económica, desigual será a perspectiva electoral.


Cubicación que, todo parece indicar, será mais favorable para o Partido Popular (PP) que para os partidos da oposición (PSdeG-PSOE, BNG, UP). Por caso, de non estaren en corentena e terse celebrado as eleccións autonómicas no seu momento (5 de abril), todo apuntaba a que Alberto Nuñez Feijoo e o seu partido (PP) terías afrontado nun dos momentos mais difíciles do seu longo mandato. Varios factores xustifican esta avaliación. En primeiro lugar o lóxico desgaste provocado por un mandato moi longo e tamén moi anódino, cunha maioría absoluta que afogaba o debate. En segundo o impacto negativo do desastre gobernamental a nivel español do Partido Popular (Mariano Rajoy) que propiciou a primeira moción de censura triunfante. Unha moción de censura que, en sentido contrario, mellorou as expectativas electorais tanto do PSOE, en primeiro lugar, como da UP, en menor medida. Finalmente, pero non a menos relevante, o auxe da contestación social en Galicia pola inoperancia gobernamental diante dos diferentes problemas económicos e sociais (desigualdade de xénero, atención sanitaria, industrialización, sector gandeiro...).


Unha parálise que tamén afecta a escenario político do que practicamente desaparecen os partidos da oposición quedando como únicos protagonistas o Partido Popular (PP) e o seu portavoz Alberto Nuñez Feijoo mais actor que nunca 


Pero nestas aparece unha pandemia de orixe e carácter descoñecido e móvense tódolos marcos. Así a corentena decretada paraliza tódalas mobilizacións sociais en curso e traslada o foco, practicamente en exclusiva, a pandemia. Unha parálise que tamén afecta a escenario político do que practicamente desaparecen os partidos da oposición quedando como únicos protagonistas o Partido Popular (PP) e o seu portavoz Alberto Nuñez Feijoo mais actor que nunca. Un protagonismo que, hai que recoñecelo, A.N.F. sabe utilizar con intelixencia e para o que conta co apoio incondicional de altofalantes manxadoiras que son unha abafante maioría. Sen mobilización sociais, sen actividade parlamentaria e con non moitas ideas fronte a nova conxuntura a oposición practicamente desapareceu da escena política. Unha oposición que agora aparece desorientada e esvaecida politicamente.


Desta forma temos en Galicia un novo escenario, cos mesmos actores pero con moi distinto protagonismo e visibilidade. Unha situación que agora si favorece claramente ao Partido Popular (PP). E que lle pode seren mais ou menos favorable segundo se saia da crise provocada pola pandemia e se afronte a recesión económica. Neste novo marco as expectativas electorais das esquerdas, fundamentalmente do PSdeG-PSOE e a UP, van a depender moi moito de como sexa percibida pola cidadanía galega a actuación do goberno español nesta difícil conxuntura o que non deixa de seren un claro signo de debilidade. Galicia, nin é Cataluña nin o Pais Vasco, e as forzas soberanistas (agora reducidas ao BNG) seguen sen ser quen de coller o liderado das esquerdas por razóns de sobras coñecidas exa expostas neste medio .


Pero, si algo aprendemos nos derradeiros anos é que o voto dun numero crecente de galegos/as é moi volátil e conxuntural. Polo que “todo é posible na Galicia postcoroavirus”.




Feijoo nas instalacións de Vigo onde o SERGAS fai os test PCR do coronavirus










Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Máis opinión
Opinadores

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE