As dereitas galegas mostran as súas cartas

Manoel Barbeitos
Economista

As dereitas galegas e os seus altofalantes veñen de dar un primeiro paso cara as eleccións autonómicas deste ano 2020, mostrando algunhas das súas cartas. Así e por medio de unha enquisa “ad hoc”, publicada no diario galego de maior tirada, deron a coñecer cal é o escenario político que, segundo tales axentes, recolle as preferencias de unha maioría de galegos/as. Un escenario que no lado dereito presenta a un solo partido (PP: Partido Popular) que representaría, así, a opinión maioritaria do electorado galego de dereitas e centro dereita. Enfronte, no lado esquerdo do escenario aparecerían tres opcións (PSdeG-PSOE, EU e BNG) como portavoces do electorado galego de esquerdas e centroesquerda.


Non hai que seren moi inxenuo para entender que se trata do escenario mais favorable ao Partido Popular (PP). Un escenario que mostra a unhas dereitas unidas en torno a un so partido (PP) que conta ademais cun líder sólido e consolidado (A. Núñez Feijoo). Moi distinta é a imaxe que se mostra das esquerdas nas que se destaca a división (“socialista-comunista-separatista”) e que conta con líderes menos coñecidos e con nula experiencia de goberno. Un escenario que lle permite ao Partido Popular (PP) presentarse como unha alternativa de goberno sensata, moderada, tranquila e convincente, capaz de garantir estabilidade á política galega fronte ao barullo, a división, o desarranxo e o caos que representa a outra alternativa de goberno que necesariamente terá que sumar aos tres partidos (PSdeG-PSOE, EU e BNG). Parece seguro que na campaña electoral as referencias negativas ao bipartito (PSdeG-PSOE/BNG) serán continuas tanto polo Partido Popular (PP) como polos seus altofalantes que son maioría en Galicia.


Estas dereitas mostran un relato político que debuxa para a campaña unha axenda política que terá como eixo central o insulto que, segundo o Partido Popular de Galicia, está a facerlle a este país o novo goberno español (PSOE/ UP).


Paralelamente estas dereitas mostran un relato político que debuxa para a campaña unha axenda política que terá como eixo central o aldraxe que, segundo o Partido Popular de Galicia, estalle facendo a este país o novo goberno español (PSOE/UP). Un aldraxe que cada día que pasa suma mais capítulos. Aldraxe que, segundo ese relato, comenza coa falta de pagamento da débeda derivada da reforma do IVE que, ademais de seren inxustificable, abonará a Xunta de Galicia a incumprir os obxectivos do déficit por primeira vez en moitos anos. Unha falta de pagamento que, seguimos co relato citado, non ten outra xustificación que castigar a Galicia para beneficiar a Cataluña e, por caso, aos pensionistas. Aldraxe que se repetiría cos atrasos no AVE, tamén inxustificados, que ademais de un incumprimento de promesas vai causar, segundo os cálculos da Xunta de Galicia, un enorme impacto na economía galega ao prexudicar unha das súas principais bazas: o turismo. Pero, denuncia A.N.F., hai mais aldraxes, por caso, as incertezas en que viven os habitantes de comarcas tan relevantes como a Mariña Lucense e As Pontes polas dúbidas sobre a continuidade de empresas como Alcoa San Cibrao e Endesa As Pontes que son a base do emprego e a riqueza deses territorios. Incertezas derivadas, sentenza este goberno galego (PP), da incompetencia do novo goberno español das esquerdas (PSOE/UP) que se mostra incapaz de atopar unha solución positiva para as empresas electrointensivas.


Un relato político intelixente que sumado ao control dos tempos, que lle permite ter a competencia presidencial na disolución do Parlamento e na convocatoria electoral, coloca ao Partido Popular de Galicia nunha posición privilexiada con relación a unhas forzas de esquerdas que andan a procura de facer visible o seu papel de alternativa cara as eleccións autonómicas. 



Gráfico emitido pola TVG da enquisa de Sondaxe publicada pola Voz


Gráfico emitido pola TVG da enquisa de Sondaxe

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Máis opinión
Opinadores

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE