​Jorge Suárez: “Coñezo a realidade desta cidade: se a esquerda quere entenderse está obrigada a pactar”

Galiciapress entrevista ao alcalde de Ferrol Jorge Suárez (1975) que aspira a un segundo mandato á fronte de Ferrol en Común. O alcaldable leva un “balance máis que positivo” destes catro anos á fronte do goberno municipal, a pesar de gobernar contra a “incomparecencia do rival”. O futuro de Navantia, os motivos do atraso dean as obras da Praza de Armas ou a preocupante perda de poboación na cidade son outros dos temas da conversación. 


|

Galiciapress entrevista ao alcalde de Ferrol Jorge Suárez (1975) que aspira a un segundo mandato á fronte de Ferrol en Común. O alcaldable leva un “balance máis que positivo” destes catro anos á fronte do goberno municipal, a pesar de gobernar contra a “incomparecencia do rival”. O futuro de Navantia, os motivos do atraso dean as obras da Praza de Armas ou a preocupante perda de poboación na cidade son outros dos temas da conversación.


Jorge suarez ferrol


O pasado 28A, as mareas tiveron un resultado decepcionante, sobre todo se atendemos aos anteriores comicios. Eses resultados debéronse, entre outros factores, á crise de división de En Marea. Cunha marxe de reacción tan curto, teme que esta tendencia afecte as aspiracións de Ferrol en Común para as eleccións de maio? Fai falta unha reestruturación das mareas despois da locais?

Nós en Ferrol non estamos descontentos co resultado de abril. Aínda que non son extrapolables, nos comicios de 2015 tivemos 7.200 votos e nestas xerais mantivemos o mesmo número de votos, aínda que nesta ocasión foi a candidatura de Unidas Podemos e non Ferrol en Común como tal.


O que creo que si fai falta é unha análise de país sobre cara a onde queremos que camiñe a unidade popular. Creo que ese debate debe darse despois das eleccións porque é fundamental recuperar a confianza da xente, especialmente daqueles que representan a clase traballadora, os desempregados…todas esas persoas que puxeron a confianza en que tiñamos unha nova forma de facer política, que o tentamos timidamente desde os concellos, aínda que máis ben fixémolo con todas as nosas forzas desde os concellos, porque necesitamos estruturas superiores noutras administracións que deben gobernar para a xente e que non estean en mans do Partido Popular ou o Partido Socialista.


As últimas enquisas non son do todo positivas para Ferrol en Común, aínda que os sitúan como chave para formar un goberno de esquerdas. Aínda que defende que as enquisas non reflicten a realidade da cidade, é difícil pensar en que se volvan a dar maiorías absoluta. Estaría disposto a pactar co PSOE e repetir a fórmula para evitar un goberno de dereitas?

Parto do tópico que dirán todas as forzas políticas de que aspiro a unha maioría suficiente coa que non necesitemos un pacto. Pero coñezo a realidade desta cidade e sei que a esquerda se quere entenderse está obrigada a pactar. Estou convencido de que a esquerda terá máis conselleiros que a dereita. Por tanto creo que pactos si, pero en función dos acordos programáticos.


Iso non significa que nos vaiamos a involucrar nun goberno ou que se vaia a involucrar o PSOE no noso goberno. Primeiro hai que celebrar unhas eleccións, pero en principio estamos dispostos a alcanzar pactos en función duns principios para aplicar no mandato de programa que sexa rexios e firmes para un ciclo que conclúe en 2023.


Uno dos aspectos que máis achacan os seus rivais á súa xestión é o feito de que en catro anos só aprobouse un orzamento. Que balance fai da cidade despois destes catro anos á fronte da alcaldía?

Un balance máis que positivo. Houbo unha cidade gobernada, por incomparecencia do rival, por seis conselleiros e conselleiras e un alcalde, que ningún quixo tomar as rendas da cidade e preferiron empregar o desgaste político e mesmo persoal con retirada de salarios contra un goberno que pretendeu sempre o mellor para a cidade. E se non foron aprobados máis presupostos foi nalgún caso por bloqueos, como no caso dos orzamentos de 2017 que foron rexeitados pola oposición.

É fundamental recuperar a confianza da xente, especialmente daqueles que representan a clase traballadora, os desempregados…

Ademais creo que hai aspectos positivos, como foi recibir 15 millóns de euros de subvencións europeas, abarcar proxectos históricos en materia de urbanismo, de benestar, de cultura…por tanto estou máis que satisfeito.


PROGRAMA DE FERROL EN COMÚN

Fálenos un pouco dos puntos fortes do programa de Jorge Suárez.

Levamos catro anos dun proxecto consolidado, que tivo moitos elementos adversos: mediáticos, poderes fácticos, non democráticos…unha hostilidade fóra do normal na historia da democracia. E non é victimismo, é unha realidade constatable. A pesar de todo sacamos adiante unha serie de proxectos que están a por finalizar, como é o mercado de Caranza, como son bloques que ninguén nunca tocara, como a pasarela de Santa Mariña ou a Praza de Armas. De fronte ao futuro queremos seguir desenvolvendo eses proxectos e rehabilitar Ferrol Lanuxe e o barrio da Madalena.


Pero sobre todo, considero que se fala moi pouco nas campañas electorais das eleccións locais, e nós queremos centrar a nosa actividade de fronte ao futuro nas persoas. Vivimos nunha poboación envellecida dentro de Ferrol, hai moitísima xente que vive soa, e por tanto os eixos principais da nosa política de fronte ao futuro van ser dous: primeiro a xerar desemprego, a seguir contribuíndo a baixar esa taxa de desemprego para evitar que siga baixando a poboación; e segundo no benestar social para todas as persoas que viven soas, para crear relacións interxeracionais para que non sentan desprazadas. Tamén atención á infancia, a educación…aspectos que nunca se adoitan tratar en programas municipais pero consideramos que son imprescindibles.


O alcalde de Ferrol, Jorge Suárez, reclama en Madrid melloras no tren

O alcalde de Ferrol, Jorge Suárez, xunto ao líder de Podemos, Pablo Iglesias, e outros integrantes da formación morada 


Por tanto tamén consideramos fundamental a participación cidadá, que forma parte da nosa idiosincrasia como organización. É fundamental articulala en torno ao novo Regulamento de Proxección Cidadán onde a veciñanza sexa realmente escoitada e non se formen lobbies que dentro do contexto que temos na actualidade é o que se está dando.


PROXECTOS E PROBLEMAS

Unha das polémicas coa que arrincou a campaña vira ao redor da Praza de Armas. Aínda que todos coinciden na necesidade da obra, algúns partidos discuten a posibilidade de modificar as obras actuais e crear un aparcadoiro subterráneo aínda cando a intención é a de peonalizar. Realmente é tan perentorio a falta de aparcamentos en Ferrol? E por que chega tan tarde esta obra?

Creo o dos aparcamentos é descoñecer a realidade de Ferrol, aínda que me temo que é o que ocorre con algún conselleiro ou conselleira na corporación ou mesmo con algún partido político. Temos un aparcamento no aparcadoiro do Cantón que ten dúas plantas enteiras libres a 90 metros do aparcadoiro pechado da Praza de Armas que contaba con 70 prazas útiles.


É un proxecto que non é modificable, que nese caso sería unha ruína económica para o concello, que iría contra os informes de intervención modificar o proxecto actual, que é exemplar, que foi realizado nun concurso de proxectos público e que ademais foi participado cun xurado moi plural e estamos orgullosos de sacar adiante esa obra.


Hai atrasos? Pois si, evidentemente hai atrasos polas constantes impugnacións, por recursos xudiciais, administrativos…en definitiva por ese labor de entorpecer a acción de goberno.


Outro dos puntos candentes ten que ver coa perda de poboación e o número de vivendas baleiras da cidade. Vostede sinalou que os programas non deben estar construídos ao redor da especulación e ao ladrillo. Como expoñen este problema desde Ferrol en Común?

A demografía é un problema que nos afecta desde os anos 80. É unha perda constante de poboación e debe ser algo que nos faga reflexionar e facer unha fronte común con outras administracións para emendar este problema. Cremos que a demografía baixa única e exclusivamente pola falta de emprego. O emprego parece que se recupera agora grazas ao sector naval. Pasamos dunha taxa de empregou no mandato anterior do 30% ao 18% actual.


A nosa é un labor constante en beneficio das persoas que buscan unha saída laboral. Creo que para emendar esta perda constante de poboación o emprego debe centrar no sector naval pero non exclusivamente no naval. Para iso que mellor que a rehabilitación das vivendas baleiras, que tamén xera emprego, e con eses 15 millóns de fondo europeos, dándolles saída con obra pública que desde logo xera moitísimo emprego.


Do mesmo xeito, no seu programa inclúe a municipalización da recollida de lixos e limpeza viaria. Déronse xa pasos para levar a cabo esa municipalización?

Déronse pasos preliminares para que cando comecemos a nova lexislatura podamos incoar un expediente en condicións. O primeiro paso preliminar era a renuncia oficial a un contrato que sacou adiante o PP cunha licitación máis que dubidosa por dez anos, que destruía emprego, xeraba beneficios enormes para a empresa adxudicataria e que non prestaba un bo servizo adecuado á cidade de Ferrol.

As obras da Praza de Armas teñen atrasos por ese labor de entorpecer a acción de goberno

A día de hoxe temos o apoio da intervención municipal, do Tribunal de Contas, que desde logo non é sospeitoso de xerar soviets nas cidades e que recomendan que a xestión directa de servizos en concellos do tamaño como o de Ferrol sexa a máis óptima e a máis eficiente. O camiño está empezado e agora hai que darlle continuidade nun proceso que é longo e que ten que garantir en primeiro lugar que se respecten os convenios colectivos dos traballadores e traballadoras e en segundo lugar que a factura dos veciños sexa máis económica que na actualidade.


Seguramente o gran reto de todos os candidatos ferroláns sexa batallar coas alzas e baixas no naval en busca dunha estabilidade. Como ve a actualidade do sector? Está satisfeito co último contrato asinado por Navantia? E cal é a postura de Ferrol en Común sobre o baleiro na carga de traballo ata 2021, como sinala o comité de empresa de Navantia?

Somos unha forza de esquerdas e o propio presidente do comité de empresa de Navantia é militante de Esquerda Unida, que está integrada en Ferrol en Común e o seu presidente está na nosa lista electoral. Por tanto compartimos ao 100% a postura do comité de empresa que ademais aprobamos por unanimidade unha moción no pleno municipal pedindo que se asine de forma inmediata a execución inmediata dun BAM (Buques de Acción Militar) porque está perfectamente deseñado polos enxeñeiros da factoría e supliría ese baleiro do que falamos.


E desde logo hai satisfacción por ese contrato. É unha carga de traballo que non dá 10 anos de blindaxe que debemos aproveitar para diversificar, aínda que sempre se di o mesmo. Houbo moitos fracasos co Plan ZUR, co Plan Reindus e con diversos plans que viñeron do Estado e acabaron sendo un “toma o diñeiro e corre” por parte de grandes multinacionais. Hai que apoiar aos traballadores e traballadoras e esixir algo que tamén beneficiaría á armada como é a construción dun BAM nas factorías de Ferrol.


E co plan do Estaleiro 4.0, como ve o futuro en Ferrol?

Aínda que é certo que se trata dunha infraestrutura que non é precisamente amigable coa contorna ambiental, temos que asumir que é imprescindible para a viabilidade do estaleiro. Non podemos limitar a súa viabilidade a encargos que nos faga a defensa nacional cada certo tempo. Para ser competitivos no mercado internacional debemos pelexar para que se constrúa ese dique e para que sexa de forma inmediata e compasada aproveitando a construción destas fragatas para Defensa.  

relacionada Langtry (Cs): “O noso interese é recuperar Ferrol, non motivos persoais e partidistas”
relacionada Iván Rivas (BNG): "Queremos ver o mar, Ferrol permanece incompleta"
relacionada ​Rey Varela: "Os ferroláns coñécenme e saben que falo con feitos"

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE