Unha nova enquisa publicada no diario A Rexión e elaborada por Infortécnica mostra un novo panorama para os resultados das eleccións ourensás
As formacións políticas discrepan por diferentes motivos, desde a formulación dos debates nalgúns casos á presenza das forzas políticas
EN MAREA precisa dunha refundación e seguramente un cambio de nome. O proxecto orixinal xa non é viable
O baltarismo pode caer este domingo, prevé Rafael Rodríguez Villarino nesta entrevista con Galiciapress. O líder nas enquisas á alcaldía de Ourense á fronte do PSdeG chama aos ourensáns para demostrar que “isto é unha democracia e non un cacicada”. O preséntase co aval de doce anos como alcalde de Amoeiro e coa promesa de gobernar dialogando con todos. Un posible pacto con Democracia Ourensá, a proposta dun tranvía e o declive cultural da cidade son outros dos temas desta conversación.
Galiciapress entrevista ao alcalde de Ferrol Jorge Suárez (1975) que aspira a un segundo mandato á fronte de Ferrol en Común. O alcaldable leva un “balance máis que positivo” destes catro anos á fronte do goberno municipal, a pesar de gobernar contra a “incomparecencia do rival”. O futuro de Navantia, os motivos do atraso dean as obras da Praza de Armas ou a preocupante perda de poboación na cidade son outros dos temas da conversación.
"Volvemos demostrar que estamos un paso por diante do resto de formacións", proclama Democracia Ourensá -o segundo partido máis votado nas pasadas municipais e o segundo nas enquisas- ao presentar ao robot, que vincula coa súa aposta por crear un Centro de Investigación en Intelixencia Artificial en Ourense.
Galiciapress entrevista a José Manuel Rey Varela (1975) que regresa á política municipal coa firme intención de recuperar a maioría absoluta, a primeira na historia de Ferrol, que o levantou á fronte do goberno local en 2011. Rey Varela é o exemplo de que o PP galego non empeza e acaba en Alberto Núñez Feijóo, cun programa que aspira a derrocar ao tripartito, estabilizar o emprego no sector naval e proxectar un novo Ferrol co seu plan de reordenación urbanística.