Xunta, Banco de España e Axencia de Protección de Datos lávanse as mans tras os problemas de ABANCA

A súa banca electróncia estivo máis de dous días caída e durante moitas horas nin en caixeiros nin en oficinas estivo accesible o diñeiro de millóns de cidadáns. A pesar da gravidade e o prolongado dos problemas experimentados por ABANCA hai unhas semanas, e de que a Policía admitiu un aumento das denuncias relacionadas coa súa web, ningunha administración parece disposta a tomar cartas no asunto. O banco, pola súa banda, aínda non detallou a causa sucedido.


|

A súa  banca electróncia estivo máis de dous días caída e durante moitas horas nin en caixeiros nin en oficinas estivo accesible o diñeiro de millóns de cidadáns. A pesar da gravidade e o prolongado dos problemas  experimentados por ABANCA hai unhas semanas, e de que a Policía admitiu un aumento das denuncias relacionadas coa súa web, ningunha administración parece disposta a tomar cartas no asunto. O banco, pola súa banda, aínda non detallou a causa sucedido.


Así, o ente de la Xunta competente sobre consumo, o Instituto Galego do Consumo e da Competencia asegura que, a pesar da multitude de afectados, non recibiu "consulta algunha nin reclamación algunha" sobre a caída da rede informática de Abanca, que afectou os seus clientes durante unhas 48 horas nalgúns dos seus servizos. Pola súa banda,  a única explicación que ofreceu a entidade foi unha concisa alusión a "fallos de comunicación" no seu día e desde entón garda silencio sobre o sucedido.


O BANCO DE ESPAÑA PREGUNTOU QUE PASABA

Fontes oficiais do Banco de España consultadas pouco despues da crise de finais de febreiro por Galiciapress, indicaron que o regulador non abriu ningunha investigación formal, aínda que se contactou coa filial de Banesco para interesarse pola natureza dos problemas. Ao comprobar que non se trataba dunha cuestión financeira, senón técnica, o ente non tomou máis medidas.


Galiciapress tamén contactou con a Axencia de Protección de Datos para comprobar se estoutra administración tomara algunha iniciativa. A lei obriga a notificar á APD calquera intromisión nos datos persoais rexistrados. A APD optou por non contestar á consulta de este


Abanca, Kutxabank, Bankinter e BBVA, os bancos con mellor puntuación do exame
Ante a información que deu a directora xeral de Comercio, Sol Vázquez, hoxe na comisión de economía do Parlamento, a deputada do BNG Noa Presas pediu actuar "de oficio", para comprobar se esta cuestión "está a resolverse con normalidade" (por exemplo as comisións derivadas de operar con outros bancos que a entidade galega dixo que devolvería), segundo resume Europa Press.

Pola súa banda, a responsable de Comercio indicou que, consultadas todas as oficinas do instituto e todos os servizos de atención, "non se ten constancia de consulta algunha nin reclamación algunha en relación a este tema".

"En consecuencia, non existe tampouco unha intervención do instituto motivada por reclamacións ou consultas", apuntou, aínda que engadiu que "de ter coñecemento de calquera reclamación ou consulta, asistirá e empregará todos os medios persoais" ao seu alcance.

A xuízo de Sol Vázquez, tras a caída da rede informática funcionou un "mecanismo automático" do banco que supón que "é o que produce que non haxa "ningunha consulta" en Consumo.



Meme abanca sen caixeiros

Un dos numerosos carteis e memes subidos por internautas protestando cando caeron os servizos telemáticos de ABANCA.

relacionada Denuncias relacionadas coa web de ABANCA multiplicáronse antes do apagamento
relacionada (VÍDEO) As redes énchense de memes á conta de ABANCA
relacionada Se tes problemas con ABANCA, a Unión de Consumidores de Galicia dáche estes consellos

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE