O Banco de España advertiu no seu informe anual sobre a economía española que os niveis de desigualdade na sociedade española, que eran xa "elevados" antes da pandemia, aumentarán previsiblemente como consecuencia dela, e pediu políticas de redistribución da riqueza.
O informe tamén sinala que o sistema de pensións paga 1,74 euros de media a cada xubilado por cada euro que achegou durante a súa vida laboral. No artigo 'Unha estimación do rendemento financeiro do sistema de pensións' (PDF) publicado este martes, o Banco de España fai unha simulación do rendemento que os pensionistas obteñen das súas achegas ao sistema de pensións unha vez que se xubilan, asimilándoo a un investimento financeiro. Para facer o estudo, baseáronse nos datos de 7.627 persoas que se xubilaron en 2017.
A súa banca electróncia estivo máis de dous días caída e durante moitas horas nin en caixeiros nin en oficinas estivo accesible o diñeiro de millóns de cidadáns. A pesar da gravidade e o prolongado dos problemas experimentados por ABANCA hai unhas semanas, e de que a Policía admitiu un aumento das denuncias relacionadas coa súa web, ningunha administración parece disposta a tomar cartas no asunto. O banco, pola súa banda, aínda non detallou a causa sucedido.
Seguen sendo de curso legal, polo que se poden usar con normalidade como medio de pago.
O prognóstico pasa do 2,5 ao 2,4%. En cambio, para 2019 mellora a súa estimación.
Os datos da autoridade monetaria reflicten á súa vez a débeda por comunidades, que lidera Cataluña con 76.831 millóns.
Afirman que a regulación financeira, aínda sendo "claramente mellorable", era mellor á actual.
A institución mantén as súas previsións de crecemento, pero alerta da "incertidume" futura, que aínda non dá sinais.
O gobernador Luis María Linde esquiva calquera responsabilidade e sostén que o a institución actuou como mero "observador".
O consumo privado recuperou un maior vigor durante a primavera, apoiado na xeración de postos de traballo e condicións financeiras favorables.
Linde sinala que, no momento de ampliación de capital do Popular, "non había razón para pensar que existiría unha crise de liquidez como a que se deu".
As novas previsións do Banco de España incorporan tamén o mantemento de ritmos elevados de creación de emprego.
Reclama á Audiencia Nacional investigar "se se deseñou unha estratexia para ocultar a situación de insolvencia en 2009".
Mantense no 18,7% do PIB, fronte ao 24,9% da media de todas as autonomías.
Vincula o "desastre financeiro" tamén á especulación urbanística. Con Ferroatlántica admite contactos, pero pouco avanzados.
A Audiencia Nacional pediu citar a declarar como investigados aos responsables do Banco de España e a CNMV que tiñan baixo a súa supervisión a Bankia no momento da súa saída a bolsa.
A economía española está a desenvolverse nun escenario de "elevada incerteza" asociada en gran medida a eventos xeopolíticos.
Son datos provisionais do INE, pero trátase da mesma cifra que en 2015 e coincide co esperado polo Banco de España e o Goberno.
No que vai de ano, o endebedamento das administracións públicas retrocedeu nos meses de xaneiro, abril, xullo, outubro e agora en novembro.