Desde onte xa noy máis billetes de 500 euros

|

O Banco de España cesou a emisión de billetes de 500 euros este domingo 27 de xaneiro, en aplicación da decisión adoptada polo Eurosistema en maio de 2016.


O supervisor explica, con todo, que estes billetes seguirán sendo de curso legal, polo que poderán seguir circulando e utilizándose como medio de pago e como depósito de valor, é dicir para comprar e aforrar.


Billetes500euros720x374


Así mesmo, os sectores profesionais, como bancos, compañías de transporte de fondos ou oficinas e cambio de moeda, entre outros establecementos, poderán recircular os billetes de 500 euros.


Estes billetes manterán o seu valor indefinidamente e poderán cambiarse nos bancos centrais nacionais da zona do euro en calquera momento.


Segundo as últimas cifras publicadas polo Banco de España, o número de billetes de 500 euros posto en circulación situouse en novembro en 31 millóns, un millón menos que un mes antes, situándose en niveis de febreiro do ano 2003.


Deste xeito, o importe de todos os billetes de 500 euros situouse en 15.500 millóns de euros.


A decisión de deixar de producir estes billetes débese á "crecente preocupación" na opinión pública de que están a ser utilizados para actividades delituosas, como a corrupción ou o financiamento do terrorismo.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consello editorial Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE