A débeda pública galega pecha 2016 en 10.854 millóns, un 4,62% máis

Mantense no 18,7% do PIB, fronte ao 24,9% da media de todas as autonomías. 


|

Deudapublica 2


A débeda pública galega pechou 2016 en 10.854 millóns de euros, o que supón un incremento do 4,62% en relación ao termo de 2015 (cando eran 10.375) e un 2,16% máis respecto ao terceiro trimestre (10.624 millóns).


Segundo os datos que publica este venres o Banco de España, a débeda de Galicia mantense no 18,7% do PIB (o mesmo nivel que o trimestre anterior e por baixo do 18,6% dun ano antes), fronte ao 24,9% da media de todas as autonomías.


Pola súa banda, as empresas públicas non incluídas no sector das administracións públicas acabaron o pasado exercicio con 18 millóns de débeda, tres menos que no terceiro trimestre e 21 millóns por baixo do peche do ano anterior.


Dos 10.854 millóns de débeda da Comunidade, 3.762 millóns correspóndense con valores representativos de débeda --todos eles a longo prazo-- e 7.092 con préstamos, dos que 3.384 proceden do fondo de financiamento a comunidades autónomas.

relacionada Crece a economía galega pero o seu PIB segue por baixo da media española

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE