Portugueses traballando a "4 euros a hora" nas obras públicas galegas


A CIG e o sindicato portugués CGTP-IN seguen estreitando lazos no seu loitar contra a explotación laboral á que son sometidos moitos traballadores lusos en Galicia. A man de obra portuguesa enfróntase en España a "soldos de 4 euros a hora" e condicións "que rozan a escravitude"


|

A CIG e o sindicato portugués CGTP-IN seguen estreitando lazos no seu loitar contra a explotación laboral á que son sometidos moitos traballadores lusos en Galicia. A man de obra portuguesa enfróntase en España a "soldos de 4 euros a hora" e condicións "que rozan a escravitude".


Obrasavealtavelocidad 1

Traballadores nas obras do AVE


A diario decenas de traballadores portugueses da construción cruzan A Raia, o nome co que popularmente se coñece á fronteira que separa o país luso de Galicia para traballar. En moitas ocasións, en condicións precarias, con salarios notablemente máis baixos que os dos seus homólogos españois, "chegando a cobrar 4 euros a hora no caso dos traballadores do AVE" segundo o comunicado emitido polos sindicatos, e sufrindo en moitos casos a discriminación dos seus superiores. Contra esta situación están a traballar de xeito conxunto a CIG e o sindicato portugués CGTP-IN tras celebrar unha nova reunion que mantiveron o pasado 27 de setembro, en un intento de mellorar as condicións destes traballadores despois de asinar un acordo de colaboración o pasado mes de febreiro.


A construción é o sector no que se dan máis casos de traballadores portugueses sometidos a condicións laborais que, segundo os sindicatos, “rozan a escravitude”. “Estas empresas, na súa maioría de Ourense e Pontevedra, captan man de obra precaria en Portugal co obxectivo de maximizar o lucro vulnerando os dereitos sociais”, reza o comunicado conxunto de ambos os sindicatos. Outros sectores, como o sector naval, da automoción ou transportes, tamén viven inmersos nesta problemática.


En canto ao número de persoas que viven baixo este réxime de traballo, desde os sindicatos advirten que é imposible de cuantificar, xa que en moitas ocasións non existe un rexistro real dos traballadores. Con todo, afirman que estes operarios enfróntanse a obrigacións como “cobrar en negro, ter domicilios ficticios en Galicia ou asinar declaracións de xornadas de 8 horas pero traballar 20 horas”. Tamén advirten de que os accidentes laborais nas obras de grandes infraestruturas, como a construción do AVE a Galicia ou a reforma da Ponte de Rande, afectan a traballadores de ambos os países, e que as condicións de perigo ás que se enfrontan non son admisibles nin para a CIG nin para CGTP-IN.


Con todo, non só os traballadores lusos ven afectados por estar malas condicións laborais, senón que moitas empresas moven a traballadores tanto galegos como portugueses ao carón ou outro da fronteira segundo conveña á empresa. Desta forma, moitos operarios de nacionalidade española sofren as consecuencias nos seus petos, xa que se traballan baixo o convenio portugués, o salario mínimo interprofesional do país veciño é 200 euros máis baixo que en España. Desde a CIG lamentan que isto se siga producindo por culpa de “a impunidade coa que actúan as empresas” e a “falta de actuación das administracións públicas”.


Outro dos problemas aos que se enfrontan os sindicatos é que, debido ao bo momento da economía portuguesa, está a darse o efecto contrario: traballadores portugueses que regresan a Portugal e traballadores españois que se trasladan alén da fronteira para aproveitar a boa saúde do sector da contrucción. Por iso, tanto a CIG como CGTP-IN comprometéronse a colaborar estreitamente no intercambio de documentación e iniciar accións legais conxuntas para loitar contra a explotación á que diariamente son sometidos moitos traballadores.  

relacionada Sobe o paro en Galicia pero baixan os afiliados á Seguridade Social

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE