Xunta

Romero, alcalde de Boiro: "Pedimos o cribado en novembro; poderíase evitar o peche"

O alcalde de Boiro, José Ramón Romero Martiño, atende a Galiciapress nestes momentos tan delicados para o municipio, sobre o que pesa un peche perimetral ante a escaldada de novos casos activos que se están detectando, en gran medida, grazas ao cribado do SERGAS que chamou a máis de 3.500 persoas da localidade. Só hoxe Boiro suma 24 casos máis respecto ao cómputo a 14 días de onte.

A Xunta ve posible aliviar restricións na hostalería pero ve "arriscado" xuntar dez persoas polo Nadal
O presidente galego sinala que a situación vai "mellor", pero apela á prudencia para non adiantar decisións do comité clínico
Máis de 700 bens no inventario do Pazo de Meirás: cadros, libros, mobles da familia real ou estatuas medievais
Cadros, libros, hórreos ou pilas bautismales son outros dos catalogados tanto no interior como no exterior do pazo
A Xunta busca arrinconar ao coronavirus cun cribado ao sector da hostalería e o turismo
A Consellería de Sanidade realizase un cribado de detección da Covid-19 entre os traballadores do sector da hostalería e do turismo ao longo das próximas semanas.
A Xunta pecha perimetralmente Galicia a partir de venres e durante toda a ponte de decembro
A Xunta de Galicia comunicou este mércores ao Goberno central que procederá a pechar perimetralmente o conxunto da comunidade durante a próxima ponte de decembro, para evitar o risco de desprazamentos, especialmente desde e cara a Portugal.
Catro centros educativos de Vigo, Cambre, Santiago de Compostela e Pontevedra pechados por coronavirus

A pesar de que a situación nos comunidade educativa en Galicia mellora a medida que baixan o número de afectados, o número de centros pechados ascende ata os catro que tiveron que botar a chave en Vigo, Cambre, Santiago de Compostela e Pontevedra. 

Xunta, Eixo Atlántico e CES unen forzas para impulsar o Corredor Atlántico coa creación dunha comisión
A Xunta, o Eixo Atlántico e o Consello Económico e Social (CES) crearán unha comisión executiva para seguir demandando investimentos no Corredor Atlántico do Noroeste, órgano ao que convidarán a participar á Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp).
Así será a reapertura da hostalería en Galicia: 4 niveis con aumento progresivo de aforos, grupos e horario
A Xunta presentou este luns ao sector hostaleiro galego un plan de desescalada que propón unha reapertura progresiva dos establecementos en catro niveles --vinculados á situación epidemiolóxica de cada territorio nun momento dado-- e que implica aumento de aforos, horarios e grupos.
Escotet (ABANCA) teoriza sobre a innovación na universidade cando a súa está cada vez máis preto de facerse realidade
Miguel Ángel Escotet, presidente de Afundación, defendeu este sábado nun escrito a importancia do cambio e da innovación no seo da universidade, á vez que reivindicou a necesidade de colocar ás persoas no centro deste proceso, máis aló da regulamentación. "A universidade non cambia necesariamente polo establecemento de leis e decretos", apunta.
O Celta de Vigo inaugura a súa nova cidade deportiva en Mos con Feijóo pero sen Caballero
Feijóo resalta que as novas instalacións do club vigués están "á altura da súa relevancia" e son "abertas á veciños da área"
Baltar volve enfrontarse á Xunta ao apoiar publicamente ao xinecólogo expedientado en Verín
A sesión ordinaria do Pleno da Deputación de Ourense aprobou este venres por unanimidade unha moción na que se expresa o respaldo da institución provincial ao xefe de xinecoloxía do Hospital de Verín, Javier Castrillo.
A Xunta crea o "seguro coronavirus": asistencia, transporte e aloxamento garantido para os turistas positivos no Ano Santo
O plan de choque para o turismo terá 35,7 millóns en 2021, haberá cribados en hostalería e ampliarase o bono turístico
O galego só puntúa; protesta a Mesa tras o anuncio de suprimir o idioma para traballar no SERGAS

A Xunta de Galicia anunciou esta semana que Sanidade valora a posibilidade de suprimir temporalmente o requisito de que os profesionais sanitarios coñezan o galego para así abrir o abanico de posibilidades para contratar novo persoal.

​O Goberno de España autoriza a irrupción en Galicia da universidade privada da man de ABANCA

Manuel Castells, á fronte do Ministerio de Universidades, deu luz verde para que a ‘Universidade Intercontinental da Empresa’ proxectada por ABANCA comece a dar clase e asinar títulos universitarios.

Repróches cruzados copan a sesión do Parlamento de Galicia no 'Día contra a violencia de xénero'
A sesión de control no Parlamento de Galicia, que este mércores coincidiu no 25 de novembro, data na que se conmemora o Día Internacional contra a violencia machista, saldouse cun bronco debate no que o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, censurou que os socialistas traten de "apropiarse" da loita contra este tipo de violencia mentres "negan o compromiso" e as políticas doutras forzas como o PP.
A Xunta blinda a biblioteca de Pardo Bazán coa apertura do expediente para declarala BIC
O inicio do procedemento, como recolle o DOG, afecta a uns 11.000 volumes, dos que case 3.000 están en Meirás
Educación cometeu diversas "irregularidades" en materia de prevención laboral fronte a pandemia, di Inspección de Traballo
Cita para o 16 de decembro a Educación para que dea conta de correccións en cuestións como "incongruencias" sobre os EPI
A Xunta valora prescindir do requisito do galego á hora de contratar persoal sanitario contra a COVID-19
Alegar síntomas covid xa non será escusa para presentarse máis tarde á oposición, pero si estar en corentena ou illamento por coronavirus
​Só un positivo no cribado ao CEIP Fogar de Carballo: “Somos o único centro de Galicia que fixo PCR a todo o mundo”

Preto de medio milleiro de alumnos do centro carballés foron sometidos ás probas PCR, que reportaron un único caso positivo no cribado. A maiores, durante a fin de semana, un alumno informou do seu positivo relacionado cun foco externo.

A Rúa, Ribeira, Sarria e Chantada, baixo a lupa de Sanidade, saberán se pechan ou non este martes
O comité clínico, que tamén puxo a lupa sobre Ribeira e Sarria, reunirase este martes para decidir sobre as restricións

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE