Suspendidas todas as competicións deportivas de ámbito autonómico por orde da Xunta

A Consellería de Sanidade decidiu suspender temporalmente as competicións de deporte federado de ámbito autonómico, así como aplicar a estes deportistas nos seus adestramentos os criterios xerais da poboación.

|

A evolución da pandemia en Galicia levou ao Goberno rexional a suspender todas as competicións federadas e dependentes da Consellería de Deportes. 

Futbol sala


A Consellería de Sanidade decidiu suspender temporalmente as competicións de deporte federado de ámbito autonómico, así como aplicar a estes deportistas nos seus adestramentos os criterios xerais da poboación.


Segundo indicou o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, dada a evolución da covid-19 en Galicia e en base ás recomendacións do comité clínico, quedarán temporalmente suspendidas as competicións deportivas federadas de ámbito autonómico, aínda que se manterán as de ámbito estatal.

En canto aos adestramentos, os deportistas de ámbito autonómico deberán rexerse polas mesmas regras que os deportistas convencionais, con adestramentos individuais ou de grupos dun máximo de catro persoas, e estarán suxeitos tanto ao toque de queda como ás limitacións de mobilidade, alí onde se apliquen.


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE