vacuna Covid-19

50 millóns de doses máis da vacina de Pfizer desde xa para a Europa tras os paróns de Janssen e Astrazeneca

A presidenta da Comisión promete que as novas doses empezarán a chegar leste mesmo mes de abril.

17.500 galegos maiores de 80 están sen vacinar, moitos dependentes que non poden ir ao médico

Unha delas é Saúde I. F., unha anciá de 91 anos que hai tempo non pode saír do seu fogar para desprazarse ao médico. Recibe atención médica en casa, "mesmo para facerse a proba do Sintron", explica Ana, a súa filla, a Galiciapress.

AstraZeneca: A UE non manda parar e estima 10 casos de trombos por cada 1 millón de vacinados (vídeo)

A Axencia Europea do Medicamento deixa liberdade aos estados para limitar o uso do preparado en certas idades, como fan varios países, incluído o seu creador, o Reino Unido. Con todo, os expertos indican que o "risco moi baixo" da vacina compensa con fartura o perigo que supón contaxiarse de covid-19.

Suspedida a vacinación con dose de AstraZeneca en Castela e León á espera dun informe da UE

Galicia segue poñendo miles de dósis cada día dunha vacina que hoxe será reevaluada pola Axencia Europea do Medicamento. Por agora, España informou de 7 posibles casos de trombos entre máis de 1,7 millóns de persoas que recibiron algunha inxección desta marca. 

A OMS alerta que a situación do virus en Europa é a peor en meses e critica a lenta vacinación

A organización internacional advirte que a cepa británica é a dominante no Vello Continente. Hai que lembrar que esta variante tamén é a prevalecente en Galicia e que é unha cepa máis virulenta, máis contaxiosa e máis mortal.

O SERGAS vacinará ás persoas de 55 a 65 anos tras Semana Santa e aos 70 a 80 en maio, promete Feijóo
Feijóo comprométese ante Pontón e Caballero a presentar "no primeiro semestre" de 2021 o novo modelo de residencias e coidados
Vídeo: Así se están vacinando contra o coronavirus os primeiros galegos maiores de 80 anos

Rostros de incerteza pero sobre todo de alivio e felicidade na proba piloto que empezou este luns en Santiago. A partir do luns empeza a vacinación en todo o país ao primeiro grupo de idade do plan de vacinación.

Santiago, A Coruña, Carral, Cambre, Valdoviño e Betanzos desmenten ao SERGAS sobre as trabas á vacina




A Xunta reaccionou hai unhas horas corrixindo a lista de municipios que non enviaron a información. Na lista do xoves había 49, en a lista de hoxe son 19.

Filomena, os políticos e as vacinas

Volvemos estar na fin de semana. Para uns significa días de descanso.

Dúas mulleres valentes que se vacinaron contra o Covid

Este domingo viamos as imaxes das primeiras persoas vacinadas.


Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE