UCI

Baixan os ingresados por Covid en Galicia, pero súmanse nove falecidos elevando a cifra a 3.654

A Comunidade galega suma outros nove falecidos que elevan as vítimas da pandemia a 3.654

Increméntanse os hospitalizados por Covid en Galicia e os casos activos case rozan as cifra de 15.000

Segundo os datos actualizados este venres pola Consellería de Sanidade, con rexistros ata as 18,00 horas do xoves, recollidos por Europa Press, soben a 26 os pacientes en UCI pola Covid-19 en Galicia -cinco máis- e a 643 hospitalizados noutras unidades -44 máis-, mentres que 14.313 atópanse en seguimento no seu domicilio. Hai unha semana, o venres 24 de xuño, había 473 ingresados, 18 deles en UCI. Por áreas sanitarias, a presión hospitalaria aumenta nas sete. Destacan os incrementos na de Santiago e Barbanza con cinco en UCI -uno menos- pero con 99 noutras unidades -13 máis- e na de Ourense, que rexistra catro en críticos -un máis- e 85 noutras unidades -10 máis-.

Darias: "moita preocupación" pola ocupación de UCIs e o "lento pero constante" crecemento do covid

Por comunidades, Galicia é a que presenta o mellor dato de ocupación de UCI por pacientes covid, co 3%. Nada que ver con Madrid, por exemplo, que xa está por encima do 40%, nin coa media española, do 21%. Pese ao evidente repunte da enfermidade, a ministra defende as decisións de Semana Santa.

"Colapso máximo" na UCI da Coruña con 150% de ocupación, alerta a CIG e matiza o SERGAS

A ocupación real das unidades de críticos en Galicia anda polo 92% e non polo 32% que di a Administración, segundo desvela un médico. A diferenza provén de camas en quirófanos, prequirófanos e reanimación, que o SERGAS considera UCI a pesar de non posuír de suficiente persoal ben formado para atendelas, como está a pasar agora mesmo na Coruña e Ferrol.

Colapso das UCIs en Ferrol cando faltan aínda semanas, con sorte, para o pico de presión hospitalaria

As cifras de portal do SERGAS indicaron esta mañá que a área sanitaria de Ferrol ten 30 enfermos en unidades de coidados intensivos. Fuentes oficiais do SERGAS en Ferrol consultadas por Galiciapresss actualizaron o número a 32 este mediodía. Cantas prazas UCIs hai en Ferrol? 32, segundo as citadas fontes da Xunta en Ferrol. 

Feijóo di que hai que reservar camas UCI ante a segura avalancha de enfermos nos hospitais
O presidente galego explica que "non" se fan "menos" operacións, senón aquelas que conlevan "menos días de estancia" en UCI
Asociación de pacientes alerta de risco de "contaxio en cadea" na UCI do CHUS e o SERGAS rebáteo


Mentres o número de contagios en Galicia segue disparado despois do Nadal, a situación na UCI do CHUS segue sendo preocupante para a Asociación de Usuarios e Pacientes, que denuncian a deterioración da unidade e a urxente necesidade de acometer unhas obras que levan moito tempo demorandose.

Bugallo indica que aínda saltan unha ducia de positivos ao día a pesar da mellora do covid en Santiago
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, celebrou a tendencia á baixa dos casos activos de covid-19 na capital galega, que o xoves presentaba 288 polos 470 que tiña hai unha semana.
Sen as restricións, en 20 días as UCIS do SERGAS ían camiño de colapsar, admite experto da Xunta
Reclama ao Ministerio unha especialización de Urxencias e aposta por "reorganizar" a Atención Primaria e que os PAC sexan "resolutivos"
"Non só te xogas a túa vida e a da túa familia, tamén soportas a presión do SERGAS que che machuca"

Santiago non ten profesionais de UCI de os que tirar para substitucións porque os que puideron emigraron fuxindo da precariedade. Esta é unha das denuncias do colectivo de profesionais de coidados intensivos que hoxe se manifesta ante o CHUS.

​O CHUO necesita preto de 60 profesionais máis para as súas unidades de críticos, advirten traballadores

A comisión do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense denunciou os problemas que están a experimentar nas unidades críticos, reanimación e UCI, onde adoecen do suficiente persoal formado nestes campos para garantir a asistencia aos usuarios. 

Excelentes datos de UCIs e de novos contagios de coronavirus en Galicia, indica a nova gráfica

Galiciapress logrou poñer certa orde no barullo estatístico produto da guerra soterrada entre Ministerio de Sanidade e Xunta de Galicia.

Un modelo de EE.UU. prevé que a crise do coronavirus nos hospitais Galicia acabe a principios de maio con ata 197 mortes máis


Cando Donald Trump defende a súa xestión, a miúdo cita un modelo matemático que predicía millóns de mortos en Estados Unidos e que agora estima uns 68.000. Esa previsión é a da Universidade de Washington e tamén inclúe cálculos sobre o coronavirus en Galicia.

Debe relaxarse a corentena? Galicia bate hoxe o seu récord de novos casos de coronavirus desta semana

As boas noticias é que as UCIs do SERGAS seguen gañando espazo. As malas é que a curva de novos casos rexistra a súa maior subida desde o luns.

​O antidisturbios galego ferido atópase na UCI "grave" aínda que “fóra de perigo”

Galiciapress tivo acceso a información sobre o estado de saúde do policía nacional agredido onte en Barcelona, que presenta un “traumatismo craneo-encefálico” ademais dunha “lesión na vértebra”. Actualmente atópase hospitalizado na UCI, aínda que desde o SUP apuntan que se atopa “fóra de perigo”. 

Amplían o horario de apertura da UCI do Álvaro Cunqueiro ás once horas diarias

Preténdese contribuír á mellora da recuperación dos pacientes a través do contacto directo entre familiares e achegados

A primeira vítima galega da gripe desta tempada non se vacinara e tiña factores de risco

Ata esta semana, dez persoas tiveron que ser ingresadas no hospital, unha delas segue na UCI.

Povisa modifica os seus protocolos na UCI sobre a atención aos usuarios e familiares

O hospital dará formación á familia dos pacientes sobre como moverse pola unidade para poder entrar en calquera momento.


Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE