Feijóo di que hai que reservar camas UCI ante a segura avalancha de enfermos nos hospitais

O presidente galego explica que "non" se fan "menos" operacións, senón aquelas que conlevan "menos días de estancia" en UCI

|

Galicia é a terceira autonomía con mellores cifras de hospitalización. Con todo, tres áreas sanitarias acaban de suspender operacións non urxentes. 


O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, xustificou a suspensión e reprogramación de operacións non urxentes nas áreas sanitarias de Santiago, A Coruña e Ferrol para ter "unha reserva de camas de UCI" que faga fronte a un aumento da presión hospitalaria que se prevé "seguro".



O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e o ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luís Planas, en rolda de prensa.

NEGA QUE SE VAIAN FACER MENOS INTERVENCIÓNS
Así respondeu Feijóo, nunha rolda de prensa conxunta co ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luís Planas, ao ser preguntado sobre a evolución da pandemia en Galicia e a súa afectación aos hospitais galegos, onde os ingresos por covid-19 soben por decenas cada día.

Neste contexto, ante a reprogramación de operacións non urxentes que practica o Servizo Galego de Saúde (Sergas) desde esta semana en Ferrol, A Coruña e Santiago, Feijóo matizou que "non consiste en ter menos intervencións", senón en facer aquelas "que ocupan menos días de estancia media" nunha UCI.

"NON PASA NADA POR POSPOÑELAS UNHAS SEMANAS"
"Para que? Para ter unha reserva de camas de UCI sen utilizar ante os eventuais e seguros incrementos da ocupación que imos ter en todos os hospitais do Sistema Nacional de Saúde", explicou a continuación.

Iso si, "evidentemente", estas reprogramaciones "nunca poden afectar en ningún caso a unha patoloxía urxente, oncolóxica ou de trauma, pero si a aquelas que están programadas e que non pasa nada por pospoñelas unhas semanas e con todo facer outras con menor impacto en UCI".

UNHA EVOLUCIÓN "MOI PREOCUPANTE"
E é que, aínda que o presidente da Xunta garantiu que "aínda" hai reservas de camas no Sergas, a evolución da pandemia "é moi preocupante, máis que na segunda onda". A porcentaxe de ocupación de camas por pacientes covid non superou aínda o sufrido no outono, pero está preto e non hai indicios dun pronto cambio de tendencia.





"Sabendo o que ocorreu na primeira, entre marzo e xuño, e na segunda, entre setembro e novembro, enfrontámonos ante unha progresión do número de infectados diarios moi preocupante", engadiu.

A pesar da medida de reprogramar operacións, Feijóo volveu a reivindicar que a galega "segue sendo" a "primeira ou segunda" comunidade "con menos ocupación en UCI" por parte de pacientes covid, ou "normalmente é a que ten menos". 


Os datos do presidente son inexactos. Galicia non é a primeira ou segunda mellor en ocupación, é a terceira pola cola, detrás de Canarias e Navarra.




O mesmo  sucede coas camas convencionais, se comparamos exlcuímos da clasificación á cidade autónomoa de Melilla.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE