O antidisturbios galego ferido atópase na UCI "grave" aínda que “fóra de perigo”
Galiciapress tivo acceso a información sobre o estado de saúde do policía nacional agredido onte en Barcelona, que presenta un “traumatismo craneo-encefálico” ademais dunha “lesión na vértebra”. Actualmente atópase hospitalizado na UCI, aínda que desde o SUP apuntan que se atopa “fóra de perigo”.
Galiciapress tivo acceso a información sobre o estado de saúde do policía nacional agredido onte en Barcelona, que presenta un “traumatismo craneo-encefálico” ademais dunha “lesión na vértebra”. Actualmente atópase hospitalizado na UCI, aínda que desde o SUP apuntan que se atopa “fóra de perigo”.
Antidisturbios atendido
Desde o Sindicato Unificado de Policía advirten que o antidisturbios vigués agredido está a ser atendido e que ao longo da mañá ingresou na Unidade de Coidados Intensivos “por precaución” despois de sufrir “complicacións respiratorias”.
Proxectís lanzados aos antidisturbios
“O seu estado é grave, pero estable e con prognóstico favorable”, afirman desde o organismo sindical, que tamén dican que se atopa “consciente, orientado e coa súa capacidade volitiva intacta”. “Move sen problema as extremidades”, apostila o comunicado do SUP.
MÁIS LESIONADOS
Un segundo policía nacional destinado na Coruña e membro da UIP herculina tamén tivo que ser atendido, aínda que as súas lesións son de menor gravidade en comparación co axente vigués. Neste caso, trátase dunha “fractura no cúbito e no radio dun dos seus brazos” e desde o sindicato advirten que tamén “se atopa ingresado”.
REUNIÓN
“Desde o SUP pedimos unha reunión urxente co Ministerio do Interior. Os compañeiros desprazados trasládannos o descontento por non deixarlles avanzar antes, limpando a zona e evitando así aguantar impactos de todo tipo durante máis de tres horas”, denuncia o sindicato en unha reclamación similar á feita pola Xunta.
😡Queremos explicacións sobre o despregamento, como son:
— SUP (@Sup_Policia) October 19, 2019
Se se están usando todos os medios❓
Por que tardaron tanto en presentarse❓
👊E esixiremos que manden todas as unidades dispoñibles para acabar xa con #BarcelonaEnLlamas#NoEstaisSolos
Toda a info en nosa circular pic.twitter.com/XoJuLgbzWQ
Escribe o teu comentario