Os usuarios deron unha nota de 6,43 sobre 10 ao sistema sanitario público, cunha valoración de “ben ou bastante ben”, nunha enquisa da que sae moi ben parado o persoal de enfermería.
Feijóo anunciou a aposta do goberno galego por sumar novos efectivos ao SERGAS, onde terá un peso especial a atención primaria coa convocatoria de 254 prazas para médicos de familia e 93 para pediatras.
Esta xogada da sanidade galega preocupa á ‘Ordem dous Médicos’ do país luso, que non pode competir cos soldos que oferta o servizo galego.
Un plan "superficial", sen medidas concretas e que unicamente busca acabar coa onda de protestas que vive o SERGAS. Así valora o Colexio Oficial de Traballo Social o borrador do novo modelo de Atención Primaria .
Catro asociacións de pacientes e cinco colexios profesionais traballaron de forma conxunta na elaboración do informe.
Se necesita unha ambulancia e tarda en chegar, ou chega só cun condutor, non debería ser culpa da folga; pois hai servizos mínimos do 100%. Con todo, o continúo sabotaxe de vehículos -con este xa van dous queimados e centos coas rodas picadas-pode terminar por notarse na calidade do servizo.
Consideran que o documento queda en “unha declaración de intencións” e que só inclúe “parcialmente” algunhas das propostas realizadas polo sector.
A Confederación Española de Sindicatos Médicos afirma que as declaracións da Consellería de Sanidade “faltan á verdade”.
Serve para algo o novo modelo de Atención Primaria presentado este xoves? Hai reformas burocráticas e sinálase que é necesario máis persoal; pero o certo é quedel SERGAS esquiva o quid da cuestión: cantos médicos máis vai haber nos centros de saúde e de onde vai saír o diñeiro. O conselleiro di que ese debate non toca agora.
Un total de 10.892 persoas están convocadas ás oposicións do Servizo Galego de Saúdeque celebraranse na localidade pontevedresa de Silleda os días 9 e 10 de marzo, nas que se ofertarán 390 prazas, segundo publicou este mércores o Diario Oficial de Galicia (DOG).
Unha sería que os pacientes que rexeitan operarse nos hospitais privados -que para grandes intervencións teñen peores medios con carácter xeral- son borrados das listas de espera a efectos estatísticos, reducindo así a Xunta os tempos de agarda de maneira ficticia.Segundo ASMIG, a Xunta pon como escusa que non hai quirófanos suficientes nos hospitais públicos.
Os traballadores dos Puntos de Atención Continuada (PAC) teñen previsto votar o próximo18 de febreiro o borrador entregado na tarde de o mércores polo Servizo Galego de Saúde (SERGAS) aos sindicatos.
No mesmo servizo no que a Xustiza investiga dúas mortes acumuláronse 20 pacientes nos corredores e 18 pendentes de ingreso este luns, segundo a doutora denunciante. O SERGAS admite retardación, pero aseguro que se liquidou reforzando o persoal.
O conxunto dos Puntos de Atención Continuada de Galicia rexeitou a proposta por non atender a todas as demandas.
A polémica pola contratación de pediatras e médicos de familia sen a especialidade que obriga a Lei para a sanidade pública galega aumenta. Tras a queixa dun sindicato e a denuncia na Fiscalía dunha asociación, agora son os colexios de médicos os que alzan a voz. A Xunta reacciona cesando a unha ducia de médicos.
A Asociación "O Defensor do Paciente" remitiu ao Fiscal Xefe do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia un escrito no que pon no punto de mira ao SERGAS. "A Xunta contrata pediatras e médicos de familia sen o título necesario, isto pon en risco aos pacientes", argumenta o colectivo nun correo electrónico remitido ao fiscal Fernando Suanzes, no que achega esta noticia publicada onte por Galiciapress.
Como é posible que no sistema sanitario público atendan galenos sen a especialidade obrigatoria segundo a Lei? Tras a denuncia dun Sindicato, a Xunta tivo que admitir que sucede isto, prometendo solucionalo pronto.