Para Feijóo os problemas do SERGAS son sempre culpa de Pedro Sánchez
Unha trampa ao solitario. Isto é o que está a facer Alberto Nuñez Feijóo ao demandar ao Estado que lle deixe gastar en Sanidade os 125 millóns de superávit do orzamento de 2018, en opinión do PSdeG. Unha estratexia, pedir a Madrid algo non factible a curto prazo, que xa repetiu polo menos en dúas outras ocasións.
Unha trampa ao solitario. Isto é o que está a facer Alberto Nuñez Feijóo ao demandar ao Estado que lle deixe gastar en Sanidade os 125 millóns de superávit do orzamento de 2018, en opinión do PSdeG. Unha estratexia, pedir a Madrid algo non factible a curto prazo, que xa repetiu polo menos en dúas outras ocasións.
Cangas é unha das vilas que viviu mobilizacións estes meses pola falta de pediatras
O portavoz parlamentario socialista Xaquín Fernández Leiceaga lembroulle ao presidente de la Xunta que hai unha lei, aprobada polo Goberno de Mariano Rajoy, que impide destinar o superávit ao que necesita o SERGAS, máis diñeiro para contratar máis médicos e enfermeiras.
En concreto, a Lei de Orzamentos aprobada polo PP especifica que o superávit só se pode gastar en iniciativas sustentables financeiramente por sI mesmas. Isto, na práctica, non permitiría investir eses 125 millóns en persoal; polo que ao SERGAS non lle valerían para paliar a súa falta de galenos.
Así, estamos ante unha "cortina de fume" ao lanzar propostas que "sabe que son inviables". Son palabras do portavoz parlamentario da oposición. Xaquín Fernández Leiceaga acusou hoxe o líder do PP de pretender "enganar á cidadanía", desviando a atención dos problemas do SERGAS culpabilizando ao Estado.
Os PRECEDENTES DO MIR E A FOLGA
O certo é que non é a primeira vez que a Xunta responsabiliza a Madrid da crise no Servizo Galego de Saúde. Desde que goberna Pedro Sánchez fíxoo en, polo menos, dúas ocasións.
Así, cando a Consellería de Sanidade, ao dimitir case todos os xefes de servizo de Vigo, admitiu finalmente que faltaban pediatras e médicos de primaria, deseguido puxo o foco no ministerio, alegando que facía falta outra convocatoria do MIR. A ministra respondeulle o obvio, que unha convocatoria extraordinaria do MIR como a que reclamaba a Xunta non se podía improvisar, pois ademais de prazas fai falta garantir e orzar os titores deses novos especialistas.
E onte, cando ao presidente preguntáronlle pola folga de tres días convocada en Atención Primaria gallegaega; alegou que "non é asunto" de Galicia ao celebrarse tamén noutras tres comunidades. Vaia, que é un problema suprautonómico, do cal o seu goberno non é responsable.
Xa pola tarde, de mitin en Sarria, Feijóo volveu insistir en, segundo lembra un comunicado do PP, a "reclamación do Goberno galego para poder empregar o superávit de 2018, que no caso de Galicia son 125 millóns de euros, e poder destinalo así a políticas sociais".
Hoxe mesmo o Bloque lle pediu ao mandatario galego que deixe de botar balóns fose e asuma as súas responsabilidades.
Está por ver como responde á folga de tres días en Atención Primaria, que por agora conta do apoio de varios colectivos pero formalmente de ningún sindicato, aínda que é probable que varias centrais acábense sumando.
Escribe o teu comentario