Os datos do SERGAS sobre o número de positivos por coronavirus son, un día máis, alentadores no seu conxunto. Con todo, as propias fontes oficiais do SERGAS en Lugo, consultadas por Galiciapress, admiten que hai que ser moi prudentes coa interpretación da moderación que se aprecia na gráfica desta área sanitaria, que nas últimas 24 horas só rexistrou 8 novos casos positivos, cando hai só unha semana iniciou unha preocupante escalada, con ata 85 positivos nun só dia.
Mentres Vigo só rexistrou seis novos casos nas últimas 24 horas, a área sanitaria de Ourense sufriu un aumento con case 200 novos casos, un salto que non se experimentou ata o de agora en ningunha das áreas coa excepción da viguesa, que o 30 de marzo rexistro 185 casos novos nun só día.
Mentres Vigo só rexistrou seis novos casos nas últimas 24 horas, a área sanitaria de Ourense sufriu un aumento con case 200 novos casos, un salto que non se experimentou ata o de agora en ningunha das áreas coa excepción da viguesa, que o 30 de marzo rexistro 185 casos novos nun só día.
A área sanitaria de Santiago suma 84 novos casos confirmados nun só día. É a segunda cifra máis alta desde o inicio da crise, tras varias xornadas de tendencia positiva. Contrasta coas boas cifras de hoxe do resto de áreas sanitarias.
O constante aumento de casos positivos de coronavirus en usuarios de residencias para a terceira idade -109 infectados: 88 usuarios; 21 traballadores- obrigou aos centros de Baños de Molgas, en Ourense, e de Porta do Camiño, en Santiago, a “recluír” ao persoal contratado para a crise co fin de “reducir o risco de contagios”.
A pandemia pillou ao Goberno de Galicia no medio dos preparativos do Ano Santo, que promete ser o máis importante da historia de Galicia polo volume de turistas e de proxección internacional, e co pé cambiado, ao non ter a punto a xoia da coroa: a Catedral de Santiago.
Ante o estado de alerta pola propagación do Covid-19 e conscientes da inquedanza que pode xerar entre a poboación o que afecta a un ben básico como é a auga, Viaqua desexa manifestar que a subministración estará garantida coas mesmas garantías que ata o de agora.
Así, non haberá por agora o tradicional mercadillo en Salgueiriño nin mercado nacional de gando no recinto de Amio.Xosé Sánchez Bugallo adiantouno en Onda Cero, onde dixo que non descartaba que o Estado declarase finalmente o Estado de Alarma.O presidente falará ás 14:30 horas.Ademais, as concesionarias dos recintos deportivos municipais acaban de confirmar o peche tanto do o recinto de Santa Isabel como o Multiusos do Sar.
É dicir, o teléfono de atención ao cliente (900 201 230), teléfono de incidencias (900 201 250) e a oficina virtual.Viaqua explica que "leva días aplicando accións preventivas para asegurar a continuidade do servizo coas máximas garantías en todos os municipios onde presta servizo, así como preservar a saúde das persoas".Informar os traballadores, cancelar desprazamentos, impulsar o teletraballo e cancelar visitas externas son algunhas das medidas adoptadas previamente.
A Iglesia, ante a alerta sanitaria provocada polo Covid-19, tomou a determinación de restrinxir o acceso á figura do altar maior, que en diante só permitirase se hai un vixiante.
O aumento dos casos de ludopatía en Galicia está estreitamente ligado coa proliferación dos locais de xogo que nos últimos anos poboaron os pobos e cidades ao longo e ancho da xeografía galega. Casas de apostas, máquinas de apostar en bares, portais online...cada vez son máis as opcións de xogo, que se move nun marco legal que aínda non terminou de definirse.
A Federación de Sanidade de CCOO de Galicia vén de denunciar o "uso fraudulento" de servizos da concesionaria de mantemento no canto de recorrer ás listaxes de emprego público, unha práctica que considera "especialmente vergoñosa", tendo en conta que teñen lugar ao mesmo tempo que a administración galega "oferta a posibilidade de formar parte das listaxes de contratación eventual, despois de pagar as preceptivas taxas, como no resto de categorías profesionais do ámbito sanitario".
O escritor Javier Carballo presenta o seu libro no Café Casino de Santiago de Compostela no que fai unha revisión á bailarina, actriz e cantante pontevedresa.
Oito pacientes esperando nos corredores, incluído "un paciente terminal que permaneceu máis dunha hora no corredor" antes de pasar a observación. Así describe a Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS a imaxe, remitida por "un usuario", da situación nas Urxencias no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago o xoves ás 14:20 horas. En opinión do SERGAS unha "foto fixa" dun instante que non reflicte a realidade dun servizo que responde no tempo adecuado.