O persoal dos centros cos usuarios de residencias diagnosticados con coronavirus terán “contacto mínimo co exterior”

O constante aumento de casos positivos de coronavirus en usuarios de residencias para a terceira idade -109 infectados: 88 usuarios; 21 traballadores- obrigou aos centros de Baños de Molgas, en Ourense, e de Porta do Camiño, en Santiago, a “recluír” ao persoal contratado para a crise co fin de “reducir o risco de contagios”. 


|

O constante aumento de casos positivos de coronavirus en usuarios de residencias para a terceira idade -109 infectados: 88 usuarios; 21 traballadores- obrigou aos centros de Baños de Molgas, en Ourense, e de Porta do Camiño, en Santiago, a “recluír” ao persoal contratado para a crise co fin de “reducir o risco de contagios”.


Enfermeira traballando en hospital


O persoal terá unhas instalacións destinadas para eles


Terán o contacto mínimo co exterior”, afirman desde a Xunta de Galicia mediante un comunicado onde informan de que nestes centros están a levarse a cabo os “controis estritos de desinfección”. Desta forma, o persoal encargado do coidado dos maiores, residirá, no caso de Baños de Molgas, nun espazo contiguo á residencia. A intención é trasladar unha “mensaxe de tranquilidade” con esta medida, que con todo confina aínda máis aos empregados.


CENTROS ESPECIALIZADOS

Os dous centros foron habilitados para atender a pacientes maiores diagnosticados de coronavirus e usuarios de centros para a terceira idade. Serán as autoridades sanitarias as encargadas de decidir se as persoas que responden a estas características deben ser trasladadas a estes centros ou se poden permanecer na súa residencia habitual. O Goberno autonómico sostén que, en todo caso, os dous centros “contarán cun control sanitario intensivo” e que os pacientes teñen garantida a asistencia hospitalaria no caso de que esta sexa necesaria.


Nesta mesma liña, as medidas endurecéronse nos dous centros, que acollerán a pacientes de Pontevedra e Ourense -como son os positivos da residencia San Carlos de Celanova-, no caso de Baños de Molgas, con capacidade para 93 residentes, e de A Coruña e Lugo, no caso de Porta do Camiño, con capacidade para 84 residentes.


INTERVIR DOMUSVI

Doutra banda, desde o Bloque Nacionalista Galego instaron ao Goberno galego a intervir as residencias privadas do grupo DomusVi. Concretamente, o BNG refírese ao centro do barrio vigués de Barreiro, onde se detectaron 33 casos positivos por coronavirus en usuarios e cinco empregadevos, como informaron desde a Consellería de Política Social.


O portavoz nacionalista na cidade olívica, Xabier P. Igrexas, reiterou a necesidade da Xunta de exercer as súas “competencias” e asumir a xestión de centro co fin de trasladar aos seus usuarios a outros centros e garantir así “as medidas preventivas”.

Igrexas sostén que no centro “non se garante o illamento de modo preventivo” ao non contar con áreas destinadas a ese fin nin con cuartos individuais. Por isto, insiste en que a Xunta non debe “esperar a que isto se converta nunha desgraza” e actuar de maneira inmediata “con responsabilidade” para protexer a este “colectivo de risco”, mentres aínda non se destinou ningún tipo de axuda a este centro para tentar facer fronte a esta situación, segundo denuncia o nacionalista. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE